Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 09/10
Portada arrow Canais
Canais
Niño y Pistola en concerto no Marrucho
Escrito por Redaccion   
Xoves, 04 de Setembro do 2008
ImageO vindeiro venres 5 de setembro o grupo pop miñorán máis internacional Niño y Pistola voltan en concerto no bar Marrucho (Baiona) ás 23,30h. A entrada de valde, coma sempre.
 
Berra Nigrán
Escrito por Redaccion   
Mércores, 13 de Agosto do 2008
Os próximos dias 13 e 14 de Agosto celebrarase en Praia América, diante das pistas de tenis, o I Festival Berra Nigrán, organizado pola asociación Berra Val Miñor

Durante os dous días, a partir das 17:00 h, haberá espectáculos de percusión, malabaristas, monologuistas, animación infantil, campeonato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis. Peter Punk chegará do país de Nunca Máis (cambiou Nigrán por ese país lonxano, pero que conste que é nativo de aquí) para deleitar a todo o público que se atope na zona na tardiña dos dous días. As risas están garantidas cos monólogos de Cabesa de Boi (Cutxi), que exercerá ademais como presentador do festival. Contaremos tamén co grupo de animación infantil Trasnadas e cos dous miñoranos máis tolos, Isla e Jano, que nos sorprenderán co seu magnifico show de rúa, un espectáculo de novo circo que a ninguén deixará indiferente.
 
Sondeseu plantou a Baiona polas deficiencias do escenario
Escrito por Mercedes García - A Voz de Galicia   
Martes, 12 de Agosto do 2008
O concerto de Sondeseu era un dos pratos fortes do verán no Concello de Baiona e con todo non se celebrou. ás once da noite do pasado domingo, os amantes da música folk esperaban a actuación do grupo no parque da Palma. Para a súa sorpresa alí non había máis nada que o de todos os días.
 
Festicultural Berra Nigrán os próximos 13 e 14 de agosto.
Escrito por Redaccion   
Venres, 08 de Agosto do 2008

Os próximos dias 13 e 14 de Agosto celebrarase en Praia América (Nigrán), diante das pistas de tenis, o I FESTIVAL BERRA NIGRÁN, organizado pola asociación Berra Val Miñor.

Durante os dous días, a partir das 17:00 h, haberá espectáculos de percusión, malabaristas, novo circo, monologuistas, animación infantil, campeonato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis.

 
Rockabilly e Rock'n'Roll hoxe no Bar Patos con Mr. Whiz
Escrito por Redaccion   
Venres, 18 de Xullo do 2008
ImageO trio vigués actuará hoxe 18 de xullo no Bar Patos a partires das 23:30h. Mr. Whiz compón e toca temas de Rockabilly e Rock'n'Roll con aires de Country e aderezados cun toque de Swing. As súas principais influencias son Johnny Cash , Hank Williams, Elvis Presley, Charlie Feathers, Carl Pekins, Merle Travis e Bob Wills. Outro artista importante para eles é Jerry Reed, autor da canción da que esta banda toma o seu nome: Mr. Whiz.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 40