Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 09/08
Portada arrow Novas
Novas
O PSOE de Baiona denuncia o recorte no servizo de recollida do lixo.
 

Escrito por Redaccion, o 25-04-2008

Visitas : 416


ImageOs socialistas de Baiona denuncian de novo o recorte no servizo de recollida do lixo nas parroquias de Baiona. Afirman que dende a chegada ao poder do goberno do popular Jesús Almuiña veñen realizándose de forma progresiva un recorte nos servizos que reciben os cidadáns residentes na vila.

Escribe o primeiro comentario
Curso de informática en Nigrán
 

Escrito por Redaccion, o 25-04-2008

Visitas : 453


O Concello de Nigrán a través da Concellería de Emprego e Xuventude  que dirixe Purificación Leal pon en marcha un Curso de Formación  (Formación en Inserción Profesional). O Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional comprende o conxunto de accións de formación profesional ocupacional dirixidas aos traballadores/as desempregados, para proporcionarlles cualificacións requeridas polo sistema produtivo e insertalas laboralmente, cando os mesmos carezan de formación profesional específica ou súa cualificación resulte insuficiente ou inadecuada.

Escribe o primeiro comentario
Nova pista multixogos na Ramallosa
 

Escrito por Redaccion, o 25-04-2008

Visitas : 453


ImageO Concello de Nigrán a través da concellería de Parques e Xardíns, que dirixe o concelleiro Cándido Costas Fernández, ven de completar a mellora do Parque Infantil da Ramallosa coa instalación dunha Pista Multiusos que permite a práctica de múltiples  xogos e deportes nun espazo de 21 metros por 13,62 metros no que se pode prácticar fútbol, baloncesto, voleibol, tenis ou Badminton.

Escribe o primeiro comentario
O PSOE de Gondomar solicita que se constiúa o consello escolar e a recuperación das fontes públicas
 

Escrito por Redaccion, o 25-04-2008

Visitas : 369


O PSOE de Gondomar solicitará no próximo pleno a constitución do Consello Escolar Municipal e o análise, catalogación e arranxo das fontese lavadeiros públicos no concello .
Os socialistas consideran que existe unha falta de interese por parte do goberno municipal na constitución do consello escolar municipal, un tema que segundo o PSOE cando o actual goberno era oposición, "esgrimía constantemente contra o goberno anterior". O PSOE afirma non entender o "desinterese que parece amosar o goberno que preside Antonio Arauxo nun órgano que consideran "debe servir de nexo de comunicación entre a comunidade e o goberno municipal."

 


Escribe o primeiro comentario
A muiñeira planta cara ás sevillanas
 

Escrito por D. Vazquez - Faro de Vigo, o 24-04-2008

Visitas : 457


ImageVeciños de Baiona preparan un "serán" en protesta pola Feira de Abril do concello. Buscan "enriquecer" con folclore autóctono a Feira de Abril que o concello organiza, como homenaxe a Andalucía, para este fin de semana. A asociación cultural baionesa Ximbaleu anunciou onte a súa intención de ofrecer o sábado, como alternativa ás sevillanas, un "serán" tradicional que pretende facer soar a música de gaitas e panderetas máis alto que as sevillanas que se interpretarán baixo a carpa que se prepara xa no praza do concello.

Ver comentarios (2)
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>

Resultados 118 - 126 de 1461

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Cal consideras, é o punto máis feble do Val Miñor?