Daniel, fillo do mariñeiro baionés Ángel Fernández
Dous mariñeiros e veciños de Baiona, Ángel Fernández contramaestre, e Amadeo Álvarez patrón forman parte da tripulación do "playa de Bakio" secuestrada en Somalia por piratas. Angel Fernánde, veciño do Burgo, é un experto na pesca de atún, xa que leva 30 anos enrolado. O seu fillo Daniel Fernández explicou a Faro de Vigo que "leva trinta anos no atún e nunca nos comentou que tivese medo ou de que a zona fose tan perigosa como parece que se demostra agora", "Sabiamos que a donde ían a pescar era un lugar conflictivo, pero el nunca se mostrou excesivamente preocupado por iso e nunca nos imaxinamos que isto puidese suceder", agregou.
O portavoz do PP de Gondomar, Carlos Silva, facéndose eco do sentir dos veciños, traslada a súa preocupación ante a incerteza que reina sobre a apertura da galescola. Tras recordar que o grupo de goberno informou de que o centro non abriría no primeiro trimestre deste ano, agora non aclara cando será a data de apertura.
Os membros do persoal da Policía Local de Nigrán negan que axentes do corpo participasen na media maratón Vig Bay estando de baixa e que se lles viu en ximnasios. Consideran que estas afirmacións «só responden ao interese do goberno local de desprestixiar a uns traballadores, faltando á verdade, o que non conduce a nada que mellore as relacións entre ambas as partes e o servizo da policía».
Afectados pola paralización urbanística do Concello de Gondomar esixiron onte ao alcalde, Antonio Araúxo, solucións inmediatas para desbloquear a situación. Un centenar de pequenos propietarios que compraron parcelas e que levan anos esperando a poder construír as súas vivendas reuníronse onte na casa da cultura de Gondomar.
O Partido Popular, a través do seu portavoz Alberto Valverde, considera que o edil de Persoal, Juan Hermida, debe dimitir da súa responsabilidade, "ao haberse chegado a un puto insostenible co tema da Policía Local". O PP estima que é evidente a existencia dun problema e que desde o goberno municipal vense incapaces de resolvelo, "o que está xerando un prejuicio importante aos veciños".