Responsables da concellaría de Igualdade e Benestar Social de Nigrán entregarán os diplomas ás 50 alumnas que participaron no programa C-Test, formado por un total de doce cursos relacionados coas novas tecnoloxías.
O Concello de Gondomar súmase un ano máis ao programa vacacional en solidariedade co pobo Saharauí. Cinco nenos de entre 7 e 13 anos de idade que viven en campamentos de refuxiados no deserto do Sahara vivirán durante os meses de xullo e agosto en familias de acollida deste municipio, mentres que outros tres farano en Nigrán.
O goberno municipal de Nigrán someterá a pleno o próximo 31 de marzo uns orzamentos para este ano valorados en 16.102.500 euros. A cifra é cinco millóns de euros inferior á do exercicio pasado, pero non está inflada con ingresos doutras administracións que non están comprometidos nin constan aquelas obras nas que o Concello non ten que pór nin un só euro. De feito, o anterior goberno municipal só chegou a recadar 9 dos 21 millóns que tiña previstos.
Os vendedores de peixe seguirán na praza de abastos de Baiona malia as obras. O Concello atrasou un día o inicio dos traballos, que buscan atajar a filtración de auga ao sótano, e onte instalou varias bancadas provisionales que permitirán a continuidade da actividade comercial durante os próximos días.
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a licitación para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán (PXOM) . Juan González, concellal de urbanismo, afirma que "é un novo paso de cara a redacción do tan necesario PXOM de Nigrán e unha constancia de que dende o goberno de Nigrán estanse dando os pasos firmes e necesarios para conseguir un Plan Xeral consensuado e que de resposta as necesidades de crecemento ordenado que Nigrán precisa."