Servizo Galego de Saúde incorporou hoxe, aos cadros de persoal dos centros de saúde de Tui e de Gondomar, a un total de sete novos profesionais entre profesionais da Medicina, da Enfermaría, da Fisioterapia e persoal de Servizos Xerais. Este incremento dos recursos humanos destes centros posibilitan, á Xerencia de Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo, constituír dúas novas unidades de tarde nestes centros de saúde, que hoxe mesmo comezan a prestar asistencia.
A agrupación socialista de Gondomar acusou onte ao BNG de non querer formalizar ningún pacto de goberno. O edil do PSOE e membro da comisión negociadora, Carlos Cabaleiro, afirmou que a constitución dunha coalición «está moi complicada porque non queren aceptar que somos o PSOE e non un apéndice do BNG».
O Concello de Nigrán leva como primeiro punto da Orde do día do Pleno Ordinario que se celebra hoxe, a aprobación inicial da “Modificación (nº 18) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal referida ao cambio de regulación das condicións de edificación dos locais comerciais”
Ao completo ou case. Os hoteis de Baiona volverán rozar o cheo este fin de semana con motivo da Festa da Arribada, unha celebración que segue espertando un alto interese entre os turistas. Confirmábano onte desde os propios establecementos, que rexistran porcentaxes de ocupación para o sábado que, de media, exceden o noventa por cento.
Obras de colocación dun muro de pedra de contención en Patos
A acción do mar neste inverno derrubou parte do sendeiro que se sitúa detrás da Residencia de Tempo Libre que a Xunta de Galicia ten en Patos. Para mellorar a estabilidade do talud e acondicioar o estado do mesmo, o concello de Nigrán procedeu nas últimas semanas co desbroce da vexetación existente o que permitirá a limpeza e rexeneración do talud. Ademáis, as zonas inestables e con risco de derrube, reforzaranse cun muro de pedra. Tralas obras de reforzo e acondicionamento rexenerarase a vexetación e a franxa costeira desta praia recuperará gran parte do seu valor natural.