Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

12 10/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán
Nigrán
Os alumnos/as do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” comenzan as obras de rehabilitación da antiga Esco PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 09-09-2008

Visitas : 322


Image Despois de pasar o seu período de formación os alumnos/as do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” comenzan as obras Rehabilitación da antiga Escola de Nenas, Camiño do Labrego s/n (Cean-Nigrán). Así, dende o pasado luns, o taller de albanelería comenzou a limpar o terreno, retirar pedras, limpeza e picado dos paramentos exteriores. Estas obras recuperarán urbanisticamente un espazo municipal para adicala a Centro Vecinal e Social da parroquia de Nigrán, lembremos que Nigrán é a única parroquia do municipio que non dispón dun local onde reunirse a veciñanza. Trátase dunha parcela de 238 m2 da que está ocupada coa edificación 115,30 m2. Esta reconstrucción integral dotará o edificio dunha saa principal multiusos, unha oficiña e dous baños.   

Escribe o primeiro comentario
Nigrán contará cun novo centro para a atención de persoaas con discapacidade PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 09-09-2008

Visitas : 325


ImageO vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou o investimento de 7,3 millóns de euros para a construción de catro centros para atender a persoas con discapacidad, para o que asinou convenios con outras tantas asociacións que traballan neste ámbito.

Destacou durante a súa intervención ante os medios de comunicación que estes novos centros crearán un total de 250 prazas, 70 de atención diurna e 180 de atención residencial. Concretou, ademais, que o 75 por cento do total de prazas creadas poñeranse a disposición da rede pública de atención.
Así, dous dos centros estarán localizados en Vigo, outro en Nigrán e o último no concello ourensano de Peroxa.


Escribe o primeiro comentario
Arrestan aos cinco membros dunha rede que introducía haxix en Galicia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 08-08-2008

Visitas : 454


Os axentes practicaron rexistros domiciliarios en Poio, Nigrán e Tomiño, comisando diversa documentación. A investigación iniciouse fai un ano, cando a Garda Civil detectou a un grupo que vendía e distribuía planadoras no sur de España, que á súa vez acababan no norte de África. Onte, o instituto armado anunciou que detivo a cinco persoas e desarticulou unha rede que se dedicaba a introducir haxix procedente de Marrocos. Tres dos sospeitosos son da provincia de Pontevedra, un de Portugal e o quinto de Villaviciosa (Asturias).

Escribe o primeiro comentario
PP e UCN abandonan o pleno de Nigrán ao sentirse ´insultados´ polo goberno PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por D. Leyenda - Faro de Vigo, o 02-08-2008

Visitas : 464


Os partidos da oposición (PP e UCN) abandonaron a sesión plenaria de Nigrán por "os insultos, menosprecios e faltas de respecto" por parte do alcalde e dos concelleiros do goberno municipal" cando se debatían as mociones que populares e centristas presentaron sobre o plan Vigo Íntegra.

Escribe o primeiro comentario
Nigrán recibirá axudas da consellería de vivenda para o cumplimento das normas do hábitat. PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 30-07-2008

Visitas : 427


Un total de 154 concellos, entre eles Nigrán, reciben as axudas da Consellería de Vivenda e Solo para a contratación de persoal técnico cualificado de cara ao seguimento da aplicación das Normas do Hábitat Galego.

A Consellería concedeu a axuda a todos os Concellos que a solicitaron, sendo a subvención media de 5.874 €, o que supón un investimento total de 904.631 € por parte do Departamento autonómico en 2008. O seguimento das normas de habitabilidade, a través da concesión da licenza de obra e licenza de primeira ocupación, é competencia dos concellos do mesmo xeito que o viñan facendo co anterior Decreto de Habitabilidade 311/1992 Aínda que as competencias dos concellos son as mesmas que antes da entrada en vigor da NHG, a Consellería -coñecedora da realidade de moitos municipios- concede estas axudas para facilitarlles a contratación do persoal técnico necesario.

Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 681

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?