O Concello de Nigrán iniciou hoxe a demolición de dous chalés pareados situados nunha ladeira do Monte Lourido, na zona da Ramallosa, en cumprimento dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que se atopan nunha zona afectada pola Lei de Costas. Os dous chalés aparecían legalizados no novo PXOM que pretendía aprobar a anterior corporación. Ver video TVG
A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adan e o tenente alcalde, David Giráldez, asinaron recentemente o convenio para a finalización das obras de construción da Galescola de Nigrán.
O portavoz de Unión Centrista de Nigrán, Antonio Fernández, propón nunha moción ao próximo pleno a modificación das normas urbanísticas para evitar a derriba e ceder parte do edificio á asociación de veciños Dunas de Nigrán.
Tanto Giráldez como o concelleiro de Urbanismo, o socialista Juan González, apuntan que o concello vai cumprir a orde de derriba porque se trata dunha construción ilegal. "Cambiar as normas sería moi inxusto para os veciños que se ven na obriga de derrubar obras ilegais nas súas propiedades", argumenta González.
Os alumnos solicitan unha ubicación definitiva depois de 25 anos de traslados
Os alumnos e alumnas da escola de cerámica de Nigrán sinténse decepcionados polo peche inminente da escola pese ás promesas da concelleria de cultura ao comezo do curso, da solicitude dunha moratoria á Xunta que permitise a busca dunha ubicación definitiva à escola de taller de cerámica.
Unha senda peonil mellorará a seguridade viaria na estrada da vía ao seu paso por Praia América. A delegada de Política Territorial, Isabel Domínguez, anunciou onte no Concello de Nigrán que a Xunta de Galicia encargou a redacción dun proxecto para mellorar esta avenida.