O Concello de Nigrán gastou 36.000 euros nun só día durante o verán do ano pasado co patrocinio do espectáculo de neve na praia Snowbeach . Alfredo Rodríguez contratou en segredo a unha empresa para a organización do «Snowbeach» de Praia América.
O futuro centro de saúde de Panxón contará cun número de consultas e profesionais sanitarios moi superior ao do actual. O plan de actuación deseñado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para as instalacións contempla un incremento de tres consultas médicas sobre as catro da actualidade e a implantación dun área de pediatría, inexistente ata o momento.
Hoxe sábado as 19h o Alcalde de Nigrán Efrén Juanes participará nunha charla-coloquio na sede do PSOE de Nigrán (rúa Canido 3) aberta a todo o público que queira participar.
Durante a súa intervención, Efrén Juanes repasará os 100 primeiros días de goberno, tratando temas como o consello sectorial para a elaboración do PXOM, Porto do Molle ou as inversións conseguidas durante este tempo, entre outros temas.
O mar será o protagonista este sábado no concello de Nigrán. O centro antena en Panxón, acollerá a exposición fotográfica: “O medio costeiro e mariño de Nigrán. Onte e hoxe” de Lautaro Mateo- Pola contra, os máis cativos poderá disfrutar dun obradoiro de fabricación de acuarios no centro Cultural das Angustias.
Utilizar unha pista forestal para saír da aldea á cidade parece algo remoto pero é o que viñeron facendo ata agora os veciños de Chandebrito, en Nigrán, para desprazarse ata a parroquia viguesa de Valladares.