O Concello de Nigrán recibiu un requirimento do Consello de Contas de Galicia no que manifesta non ter constancia de recibir a conta xeral correspondente ao exercicio pasado, dándolle un prazo de quince días para cumprir con esta obrigación. Ante este requirimento, o equipo de goberno decidiu enviar a conta, a pesar de que non estea aprobada polo pleno.
Un edificio de vivendas en pleno centro de Panxón é a obra que deixa a medio facer o promotor miñorano Carlos Rocha Portela tras o seu ingreso provisional en prisión, acusado dun presunto delito de branqueo de diñeiro.Os traballos de construción do inmoble situado na coñecida «curva de Donato» quedaron paralizados fai dúas semanas, pouco logo da detención do coñecido empresario. A estrutura de formigón que foi levantada ameaza agora con perpetuarse na paisaxe do porto de Panxón.
Carlos Rocha estábase consolidando como un dos promotores máis importantes do Val Miñor antes da súa detención. A súa primeira gran obra nesta comarca foi o centro comercial Século XXI da Ramallosa, que inaugurou no ano 99. Dous anos despois edificou dous inmobles de vivendas na rúa Manuel Lemos. As obras que viñeron despois estiveron marcadas pola polémica. A licenza de obra do edificio que edificou entre as rúas Mariñeiro e Jesús Espinosa foi moi controvertida, porque o anterior alcalde, Alfredo Rodríguez, outorgouna amparándose en informes externos, ao non contar co apoio dos técnicos municipais.
A concellaría de Medio Ambiente de Nigrán organiza unha plantación de árbores o vindeiro sábado con motivo do día forestal mundial. O edil Juan Hermida informa que se poden apuntar a esta actividade todas as persoas que o desexen. Esta iniciativa está especialmente deseñada para que participen nenos e nenas do municipio.
A estrada provincial 21012, máis coñecida como «a ruta dos pazos» é unha vía troncal do municipio de Nigrán. Comunica este concello con Gondomar e é o único acceso que teñen os veciños de Camos e de Chandebrito para dirixirse ao centro do municipio. O 22 de decembro de 2006 o pleno de Nigrán volveu aprobar unha moción para solicitar á Deputación o inicio das obras a principios do 2007.