Os concellais de urbanismo e medioambiente na reunión co subdirector Xeral de Costas do Estado
Os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente do concello de Nigrán, Juan González e Juan Hermida respectivamente, foron recibidos polo subdirector Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, Miguel Velasco, no seu despacho de Madrid. O obxetivo da reunión foi pechar o acordo que o pasado mércores acadaron coa Xefa da Demarcación de costas de Pontevedra, Cristina de Paz, en relación coas actuacións que a Xefatura de costas realizará no litoral nigranés.
O Templo Votivo de Panxón atópase nunha situación preocupante debido á humidade e ás filtracións de auga que afectan á súa estrutura. A Asociación de Amigos dos Pazos deu a voz de alarma e lanzou a campaña «Conservemos o Templo Votivo do Mar». Os membros desta entidade entrevistaranse cos responsables municipais de Nigrán, da diocese de Tui-Vigo, a Xunta, a Deputación e con representantes de entidades financeiras e culturais, co obxectivo de sensibilizar e conseguir que se redacte e leve a efecto un proxecto de rehabilitación.
Os grupos municipais do PP e de UCN presentaron unha moción conxunta para debater no próximo pleno co fin de que o goberno local reduza nun cincuenta por cento as súas asignacións, en vista da crise económica que atravesan as arcas municipais. Deste xeito, o tenente alcalde pasaría a cobrar 18.000 euros anuais, mentres que os edís de Urbanismo e Educación un total de 9.000 euros cada un. Expoñen manter a asignación proposta por dedicación exclusiva ao alcalde en 45.000 euros, pero propoñen modificar a do edil de Medio, pasando a ser unha parcial de 9.000 ao ano.
Juan Hermida e Juan Gonzalez acudirán a Madrid para abordar varios proxectos dentro do plan de recupración do litoral do concello.
A Xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz e o Xefe de Servicios de Proxectos e Obras, Antonio Iglesias Magna, visitaron o Concello de Nigrán para por en marcha proxectos presentados polas Concellerías de Urbanismo e Medio Ambiente ao Director General de Costas do Goberno Central nunha recente reunión celebrada na cidade de Pontevedra para a recuperación integral do litoral do concello de Nigrán. Juan Hermida
A concellaría de Benestar Social e Igualdade de Nigrán abriu o prazo de matrícula para participar nas actividades que oferta para este ano. Os luns e mércores pola tarde terá lugar un taller de estimulación da memoria, mentres que os martes e xoves pola mañá hai catro prazas vacantes para a actividade de ximnasia suave para persoas maiores.