A escasez de auga semella resolverse en Nigrán. Alomenos , o concello retirou a alerta que mantiña con cortes de auga previstos para esta semán. A grande disminución do consumo domestico en setembro e o mantemento do encoro de Zamáns permiten ao concello suspender as interrupcións do suministro proxectadas nos lares.
O concellal de Servizos e Infraestruturas, Antonio Fernández Comesaña, mostrouse onte optimista en relación a este asunto. O encoro de Zamáns continua ao 40% da sua capacidade "e iso significa que se mantivo dende agosto co mesmo nÃvel", explica.
ConcellalÃa de Asuntos Sociais do Ayunatmento de Nigrán organiza unha comida espectáculo con motivo do «Encuentro cos nosos mayores» que se celebrará o próximo dia 25.
A xornada se desenvolverá no Colexio de Panxón, ao lado do Templo Vetivo do Mar, a partir da unha da tarde. A xuntanza estará amenizada polo humorista Paco Mivida e a orquestra Aramio da TVG.
A Ramallosa disporá dun segundo "parking" subterráneo en menos de dous anos, segundo os cálculos do goberno local de Nigrán. O alcalde, Alfredo Rodríguez, e o concellal de Servizos e Infraestruturas, Antonio Fernández, informaron onte sobre a próxima licitación do aparcamento, que disporá de alomenos trescentas prazas distribuídas en duas ou tres plantas e subporá un investimento en torno a 1,5 millóns de euros.
O grupo municipal socialista de Nigrán critica o abandono do barrio da Ramallosa por parte do goberno municipal.
O portavoz, Juan Antonio González, afirma que a ponte románica leva máis dun ano sen limpar e a iluminación nocturna está destragada dende fai seis meses.