Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

17 05/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán
Nigrán
Un Plan Xeral pionero en Galicia PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por N. Pillado - Faro de Vigo, o 14-12-2007

Visitas : 405


Juan Hermida, concellal de medio ambiente
Juan Hermida, concellal de medio ambiente
A redacción do Plan Xeral, que custará 235.000 euros e contratarase a principios de 2008. A Consellería de Medio Ambiente financiará o 80% ao ser Nigrán o primeiro concello galego en elaborar o seu plan na Axenda 21, afirma Hermida. Sostenibilidade, consenso e participación cidadá serán as tres premisas que rexerán a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán, que se desenvolverá no marco da aplicación da Axenda 21 local.

Ver comentarios (6)
Juanes dedicarase en exclusiva a Nigrán desde marzo por 45.000 euros anuais PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por N. Pillado - Faro de Vigo, o 12-12-2007

Visitas : 323


ImageO alcalde de Nigrán, Efrén Juanes Rodríguez, asumirá a dedicación exclusiva ao concello o próximo mes de marzo e responderá así ás esixencias continuas dos grupos da oposición, que insisten en reprochar as súas ausencias da Alcaldía.  A liberación do seu emprego suporá para Juanes un salario de 45.000 euros ao ano, o menor dos alcaldes da comarca e ata máis baixo que os concelleiros que contaban con dedicación de xornada completa no anterior mandato.

Ver comentarios (6)
Presentación da Axenda 21 Local en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 12-12-2007

Visitas : 413


ImageA concellería de medioambiente de Nigrán presentará o próximo venres 14 de decembro ás 20:00 horas no colexio de Panxón a Axenda 21 Local e os pasos que se van a seguir para a súa elaboración. Será un acto público aberto a todos os veciños e veciñas de Nigrán que queiran asistir. Un dos primeiros acordos que acadou o Pleno da Corporación Municipal foi a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) mediante un consello sectorial dentro da implantación da Axenda 21 Local. A súa función é a de acadar un xeito de desenvolvemento sostible para o futuro do concello de Nigrán.

Ver comentarios (7)
Coñecer o Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 07-12-2007

Visitas : 339


Parroquia de Chandebrito
Parroquia de Chandebrito
A Concellería de Turismo, coa intención de promocionar e dar a coñecer o noso val, organiza para o sábado 22 de decembro unha saída polos tres concellos do Val Miñor. Os asistentes terán a posibilidade de coñecer os muiños de Chandebrito, o pazo da Escola (en Gondomar) onde tomameros un cafeciño, o pazo das Pías ou Damas Apostólicas (en Ramallosa) onde xantaremos e visita por Baiona. O prezo desta saída será 15€/persoa (prezo aínda sen pechar).

Escribe o primeiro comentario
Atropelan a unha muller e á súa filla en Priegue PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A Voz de Galicia, o 03-12-2007

Visitas : 281


Ás 09.30 horas desta mañá un vehículo atropelou a dous peóns en Nigrán. O accidente produciuse no lugar de Priegue (Nigrán) na estrada nacional que une Vigo e Tui, concretamente no quilómetro 8 da PO-552. As vítimas do atropelo foron unha viguesa de 39 anos, ferida leve, e a súa filla, unha menor que está ferida grave. 

Ver vídeo TVG


Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 81 de 636

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?