Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

24 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán
Nigrán
Xa se pode consultar o censo electoral en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 25-01-2008

Visitas : 458


ImageO Concello de Nigrán informou onte que dende o 21 de xaneiro ao 28 de xaneiro de 2008 está exposto ao público o Censo Electoral de cara as eleccións xerais do 9 de marzo de 2008. O trámite de reclamacións é en horario de oficina de luns a venres de 8 a 14,30 horas. Lembrean que no caso de non aparecer nas listas do censo terá que adxuntar algún dos documentos: DNI, Permiso de Conducir ou Pasaporte.

Escribe o primeiro comentario
O concello creará un observatorio de aves na Foz e un sendeiro litoral por Monteferro PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 21-01-2008

Visitas : 551


Os concellais de urbanismo e medioambiente na reunión co subdirector Xeral de Costas do Estado
Os concellais de urbanismo e medioambiente na reunión co subdirector Xeral de Costas do Estado
Os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente do concello de Nigrán, Juan González e Juan Hermida respectivamente, foron recibidos polo subdirector Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, Miguel Velasco, no seu despacho de Madrid. O obxetivo da reunión foi pechar o acordo que o pasado mércores acadaron coa Xefa da Demarcación de costas de Pontevedra, Cristina de Paz, en relación coas actuacións que a Xefatura de costas realizará no litoral nigranés.


Ver comentarios (7)
A humidade ameaza a estrutura do templo votivo de Panxón PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por A. Martinez - La Voz de Galicia, o 19-01-2008

Visitas : 478


ImageO Templo Votivo de Panxón atópase nunha situación preocupante debido á humidade e ás filtracións de auga que afectan á súa estrutura. A Asociación de Amigos dos Pazos deu a voz de alarma e lanzou a campaña «Conservemos o Templo Votivo do Mar». Os membros desta entidade entrevistaranse cos responsables municipais de Nigrán, da diocese de Tui-Vigo, a Xunta, a Deputación e con representantes de entidades financeiras e culturais, co obxectivo de sensibilizar e conseguir que se redacte e leve a efecto un proxecto de rehabilitación.

Escribe o primeiro comentario
A oposición de Nigrán propón reducir á metade as asignacións do goberno PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 18-01-2008

Visitas : 495


ImageOs grupos municipais do PP e de UCN presentaron unha moción conxunta para debater no próximo pleno co fin de que o goberno local reduza nun cincuenta por cento as súas asignacións, en vista da crise económica que atravesan as arcas municipais. Deste xeito, o tenente alcalde pasaría a cobrar 18.000 euros anuais, mentres que os edís de Urbanismo e Educación un total de 9.000 euros cada un. Expoñen manter a asignación proposta por dedicación exclusiva ao alcalde en 45.000 euros, pero propoñen modificar a do edil de Medio, pasando a ser unha parcial de 9.000 ao ano.

 


Ver comentarios (12)
Medioambiente e Urbanismo de Nigrán proxectan a recuperación do seu litoral PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 16-01-2008

Visitas : 497


Praia de Portocelo
Praia de Portocelo
Juan Hermida e Juan Gonzalez acudirán a Madrid para abordar varios proxectos dentro do plan de recupración do litoral do concello.

A Xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz e o Xefe de Servicios de Proxectos e Obras, Antonio Iglesias Magna, visitaron o Concello de Nigrán para por en marcha proxectos presentados polas Concellerías de Urbanismo e Medio Ambiente ao Director General de Costas do Goberno Central nunha recente reunión celebrada na cidade de Pontevedra para a recuperación integral do litoral do concello de Nigrán. Juan Hermida


Ver comentarios (11)
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>

Resultados 91 - 99 de 673

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?