A praia Ribeira loce por fin a bandeira azul coa que se recoñece que se atopa nunhas óptimas condicións para os usuarios. O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña e o presidente do Padroado de Turismo Rías Baixas, José María Figueroa, izaron onte este distintivo acompañados polo resto dos membros do goberno municipal.
A Concellería de Turismo continúa impulsando a calidade turística en Baiona, coa intención de converter a nosa Vila no referente turístico de Pontevedra e de Galicia. Para elo leva implantando dende o ano 2004 un plan de calidade, cuxo obxectivo principal é a Mellora Continua. Este proxecto comezou a desenrolarse en conxunto, coa Asociación Vilas Mariñeiras, da que Baiona forma parte.
A praia Barbeira converteuse nun perigo para os bañistas logo das obras de rexeneración. O nivel da superficie elevouse en dous metros de altura e nalgunhas zonas da beira non ten a firmeza suficiente, o que pode supor unha trampa para os usuarios. Polo menos iso foi o que lle pasou o pasado domingo a unha muller de Baiona, que acudiu aos areais para gozar dunha tarde de verán e acabou abandonando a praia descalza e logo de recibir o susto da súa vida.
A corporación municipal de Baiona situouse onte en contra do plan director de instalacións náutico recreativas da consellería de Política Territorial que contempla a posibilidade de duplicar o número de prazas de amarre na dársena ata o ano 2020.
A edil de Urbanismo, Ana Simóns, explicou que en devandito plan establécese a creación de 230 novos amarres ata o 2010 e 760 ata o 2020. O porto baionés pasaría a ter un total de 1.622 prazas, o que supón máis do dobre das existentes actualmente e co agravante de que non se sinalan cales son as áreas de ampliación.
A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, dentro da programación de verán para este ano, organiza unha saída ao parque acuático de Cerceda, para o vindeiro sábado 19 de xullo de 2008.
O parque acuático situado na provincia da Coruña, ofrece unha alternativa de lecer para tódalas idades, xa que as súas instalacións contan con piscina infantil e de chapuzo para os máis pequenos, e con tobogáns, aquatubo aberto e pechado, piscina de ondas, Kamicace e multipistas para os máis maiores.