Nin confrontación, nin españolismo ou independentismo radicais. Os actos de celebración da Hispanidade da Deputación de Pontevedra converteron onte a Baiona nun exemplo de conciliación. Os lazos culturais con Sudamérica, a integración dos emigrantes e a solidariedade cos pobos españois e hispánicos centraron os discursos ante o monumento "Atopo entre dous mundos" e no Parador.
A ponte vella de Sabarís, datada do século XV sufriu fai dúas semáns outro accidente que derrubou parte dos petrís que ainda quedaban en pé. Un conductor ebrio foi o causante deste novo estrago na ponte, onde o coche que conducía bateu contra un lateral da ponte e seguidamente empotruse de fronte co outro lateral, quedando o morro do coche pendurado da ponte.
O medo a revivir unha nova riada fixo que veciños do Camiño dás Monxas e de camiño Chico , a «zona cero» das inundacións de Sabarís, en Baiona, opten por buscar outro lugar onde vivir.
O BNG de Baiona denunciou públicamente a falla de seriedade das Consellerías de Medioambiente e Política Territorial da Xunta de Galiza, así como a actitude pasiva e de desinterese por parte do alcalde de Baiona, o popular Jesús Vazquez Almuiña, no referente as obras pendentes por realizar en Sabaris para solventar as enchentas.
A investigación que a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia realizará sobre a contaminación na bahía de Baiona sorprende a políticos e pescadores. O episodio das verteduras de augas fecais está superado, segundo indican, logo da execución de varias obras de saneamento. O patrón maior da Confraría de Pescadores, Ramón Costas, reclama unha "marxe de confianza" ao Ministerio Fiscal ante os "avances" do concello para acabar coa contaminación.