O proxecto para a construción dun parque eólico na Serra dá Groba permanecerá exposto no Concello de Baiona durante un mes para que os veciños e quen se consideren afectados poidan presentar alegacións. O goberno local aínda non se pronunciou oficialmente sobre esta actuación e remitiu unha copia á comisión provincial de Patrimonio Histórico e Artístico, ao obxecto de que emita un informe sobre a posible afectación aos xacementos arqueolóxicos.
Batería militar de Silleiro - Foto La Voz de Galicia
A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta na mesa do Congreso dos Deputados interesándose polo futuro da antiga batería militar abandonada de Cabo Silleiro.
O futuro parque eólico porá en perigo a fauna equina salvaxe da zona.
O BNG de Baiona presentou tamén as súas alegacións contra o proxecto de construcción dun parque eólico na serra da Groba entre os momentes dos concellos de Baiona, Oia e Tomiño. Estas alegacións se suman as presnetadas xa por varios colectivos da comarca como Salvemos Monteferro e o Instituto de Estudos Miñoráns onde se advirte de graves consecuencias para o patrimonio e o conxunto natural da serra da Groba.
Un turista de nacionalidade británica falleceu onte ao mediodía en Baiona na piscina da casa onde pasaba o verán cos seus fillos, sita no Camiño da Silveira, no barrio de San Antón. T.C., de 77 años de idade, sufriu unha parada cardiorespiratoria ainda que fontes da investigación non puideron confirmar se a súa morte lle sobrepuxo dentro ou fora da piscina.
Portos de Galicia adxudicou onte ao Monterreal Club de Iates de Baiona a creación do fondeadero fronte á praia Barbeira. O proxecto reserva un espazo xunto ao espigón para o fondeo libre de barcos de pesca que busquen abrigo. O polígono de amarres terá unha capacidade para medio centenar de embarcacións deportivas. O alcalde e dous edís acudiron co patrón maior por sorpresa á rolda de prensa.