Xustiza. Esta palabra foi a protagonista onte en Baiona. Máis de medio milleiro de persoas concentráronse nesta localidade pontevedresa para esixir que o presunto autor da morte da moza de Baredo Águeda González sexa castigado coa "pena máxima" e que esta sexa cumprida de "forma íntegra".
A area que se está extraendo durante o dragado da área do fondo do mar onde se ampliará o porto pesqueiro servirá para consolidar un novo banco marisqueiro dentro da ensenada. A Confraría de Pescadores propúxose rexenerar un área produtiva aproveitando as obras de alongamento do peirao. Propuxéronse desta forma intentar frear o descenso de capturas da ameixa babosa.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que Sabarís está hoxe en día mellor preparado para previr unha inundación pero alertou de que o risco segue latente porque a estrada litoral continúa bloqueando a saída das augas pluviais.
O grupo municipal do BNG súmase ao rechazo do PSOE de Baiona ante unha modificación puntual nº4 do PXOM do PERI V / UE 5 en Covaterreña. O BNG considera que estas modificacións non teñen sentido nengún xa que poderían hipotecar o futuro novo plan xeral. O BNG só lle atopa sentido "no caso de que se pretenda defender intereses que descoñecemos".
O irmán da moza asasinada en xaneiro do ano pasado en Baiona pediu onte a todos os veciños que acudan á manifestación que partirá o vindeiro domingo desde o centro de saúde dos Tendales.