Non caben. O patrón maior da cofradía de pescadores de Baiona, Ramón Costas, restou credibilidade e cualificou de "erro" a proposta de creación de novos amarres para embarcacións deportivas en Baiona que recolle o novo Plan Director de Instalacións Náutico Deportivas de Galicia, presentado o mércores en Santiago pola conselleira de Política Territorial, María José Caride, e o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga.
O PSOE de Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar as actividades sociais, culturais, medio ambientais, de promoción da igualdade de oportunidades e deportivas e actuacións musicais do ano 2008. Segundo denuncian os socialistas de Baiona, "este ano non só non foi incrementada a cantidade destinada á subvención, que non varía dende o ano 2005, senón que incluso se rebaixou pasando de 24.000 a 21.000 Euros, é dicir, 3.000 Euros menos."
Xa hai unha data concreta para a resolución definitiva do maior problema ambiental de Baiona. O rexedor local anunciou onte que en dous meses comezará a construción da primeira estación depuradora de augas residuais do municipio.
O concurso para a súa construción e manteminiento durante os próximos vinte e cinco anos foi ajdudicado á empresa Copasa, que deberá presentar antes de xuño o proxecto de obra para a que o goberno local licite a actuación.
O colexio de educación primaria de Sabarís realizará o próximo día 17 un taller de resolución de conflitos dirixido ás familias do centro. Esta actividade pretenderá dotar aos asistentes das habilidades para afrontar, resolver e transformar os conflitos en ferramentas de parendizaje; «desde un punto de vista positivo do conflito».