O alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, anunciou fai unha semana a posta a disposición dun terreo ao Sergas para a creación dun centro de saúde e agora o PP replícalle que "non se colgue medallas» porque se trata dunha cuestión iniciada polo anterior rexedor, Carlos Silva.
O Concello de Gondomar leva ano e medio sen conceder licenzas urbanísticas debido á anulación do Plan Xeral do 97 e á retirada do documento que foi aprobado inicialmente en setembro do 2006 polo anterior goberno, ante as sospeitas de corrupción tras a detención dos edís José Luis Mosquera e Alejandro Gómez.
Segundo publica o xornal dixital galego vieiros.com, o colectivo que promove unha campaña contra a normalización do galego no ensino acusa ao rexedor gondomareño de impedirlles aparcar nunha praza pública. Tres días despois de que o colectivo 'Galicia Bilingüe' comezase a percorrer o país en autobús para mostrar a súa oposición ao decreto de galeguización do ensino xa comezaron os primeiros problemas.
O concello de Gondomar incia hoxe os actos de celebración do entroido de este ano. Os actos que pecharán co entero da sardiña o domingo 10 febreiro, comezan hoxe ás 11 da mañá cun desfile Escolar de comparsas dos Colexios Públicos e Institutos de Ensino Medio do Concello de Gondomar, polas principais rúas do casco urbán.
Un ano máis Gondomar será o centro do Entroido miñorano, recén saídos das festas do Nadal, Gondomar xa ten todo en marcha para a súa tradicional celebración da festa da loucura por excelencia, que este ano cae por San Brais, a primeira romaría do ano, que ten lugar na parroquia de Mañufe.