P ex concellal de cultura ofreceu ao promotor máis solares en Gondomar.
Un vídeo gravado cunha cámara oculta no botón da chaqueta dun empresario infiltrado e a incautación de 120 billetes de 500 euros. Estas son as probas esgrimidas pola Fiscalía no escrito de acusación que acaba de elevar ao xuíz e no que implica a dous ex concelleiros de Gondomar e a un arquitecto de Vigo na extorsión a unha promotora que quería asinar tres convenios urbanísticos co Concello.
A análise económica financieira levada a cabo polos novos membros da corporación municipal de Gondomar liderada polo nacionalista Antonio Arauxo, sacaou á luz recentemente un "buraco" financiero das arcas municipais que só presentan débedas, tanto en facturas pendentes de pago como nas arcas da tesourería municipal.
O Concello de Gondomar variou a sinalización no polígono industrial co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e previr accidentes. Os cambios consisten en facer que só entren no parque industrial aqueles vehículos que o precisen para operacións de carga ou descarga ou calquera outra xestión coas empresas que están alí instaladas.
Os dous supostos cerebros da trama de corrupción urbanística de Gondomar trataron de lograr case un millón de euros por favorecer os plans urbanísticos que tres promotoras pretendían realizar na localidade do Val Miñor, tal e como desvelou en febreiro pasado La Voz.
Ex- concellal de urbanismo, Alejandro Gómez Garrido.
Os dous concelleiros do grupo municipal popular de Gondomar implicados no caso de suposta corrupción urbanística destapado o pasado mes de febreiro trataron unicamente de enriquecerse persoalmente co diñeiro solicitado a tres promotores, segundo considera probado o Fiscal.