Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Novas arrow Gondomar
Gondomar
PP, PSOE e Move rexeitan a redacción dun novo Plan Xeral en Gondomar
 

Escrito por D. Vazquez - Faro de vigo, o 04-07-2008

Visitas : 570


ImageO BNG de Gondomar quédase só na defensa dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para Gondomar. De novo unha moción de urxencia presentada ao pleno polo Partido Popular centrou o debate da corporación en torno á recuperación do planeamiento de 2006, unha alternativa que o goberno rexeita por considerar que o documento está baixo sospeita, pero que para os grupos da oposición sería a "solución máis rápida" ao bloqueo urbanístico que sofren decenas de familias.

Escribe o primeiro comentario
O goberno de Gondomar rexeita o Plan Vigo Íntegra
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 02-07-2008

Visitas : 461


O goberno de Gondomar presentou unha alegación ao plan de infraestruturas da Xunta, Vigo Íntegra, para que elimine os proxectos que están contemplados neste Concello. O alcalde, Antonio Araúxo, cualificou onte como «un disparate» a intención de realizar unha vía de alta capacidade con características de autovía que enlace Tomiño co acceso da autoestrada en Areíña. O rexedor nacionalista afirmou onte que o trazado levaría por diante medio centenar de vivendas e desmembraría as parroquias de Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.

Escribe o primeiro comentario
«Non podemos esperar seis anos á aprobación dun novo Plan»
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 29-06-2008

Visitas : 450


Image«Non podemos esperar seis anos para pór en marcha en Gondomar uns plans de vida que tiñamos programados para fai tres». Así se manifestaba onte o secretario da plataforma de afectados, Ricardo Gondell, unhas declaracións coas que resumía o sentir xeral dos membros desta entidade e o obxectivo da manifestación de onte.

Escribe o primeiro comentario
Só cen persoas concéntranse en Gondomar ao berro de «licenzas xa»
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 29-06-2008

Visitas : 455


 Os asistentes portaron pancartas e corearon consignas onte ante a porta da Casa Consistorial
Os asistentes portaron pancartas e corearon consignas onte ante a porta da Casa Consistorial
Os asistentes reclaman unha saída urxente á paralización urbanística que vive o municipio desde fai tres anos. Os veciños non secundaron a protesta e faltaron ata membros da plataforma de afectados testemuño. Este colectivo de afectados non se conforma co anuncio feito polo alcalde de Gondomar de contratar a redacción dun novo Plan Xeral, porque non poden seguir esperando máis tempo.


Escribe o primeiro comentario
O centro de saúde de Gondomar ofrece terapias para deixar de fumar en grupo
 

Escrito por Redaccion, o 29-06-2008

Visitas : 453


Os fumadores téñeno máis fácil para deixar o tabaco no Val Miñor. O centro de saúde de Gondomar é o único de Galicia que ten unha consulta diferenciada para a loita contra o tabaquismo. O funcionamento deste servizo é unha das vantaxes da recente decisión do Sergas de manter abertas as instalacións deste Concello en horario de tarde. O responsable é Xulio Castañal, médico de familia e coordinador do Grupo Galego de Abordaxe ao Tabaquismo.

Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 18 de 234

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa