O PSOE de Nigrán posicionouse en contra da instalación do parque eólico "Albariño I" depois de varias reunións informativas. Considera que a pesar de que este proxecto non abarca os limites propios do seu concello, " creemos que vai a afectar negativamente de forma indirecta a todo o Val Miñor."
A comunidade de montes da Guarda recibiu unha proposta de contrato presentada pola empresa Gaelsa Enerxías, S. a., da Coruña, para a instalación de catro aeroxeradores de eixo horizontal no monte Torroso, para produción de enerxía eléctrica. A proposta, acompañada de planos, presenta unha oferta á comunidade de 7.000 euros anuais por cada un dos catro aeroxeradores para os que solicita permiso de instalación durante un período de 30 anos.
A plataforma SOS Serra da Groba acadou esta fin de semana un milleiro de sinaturas contra o parque eólico Albariño I previsto nos montes dos municipios de Baiona, Oia e Tomiño. A agrupación recolleu firmas ó longo das xornadas do sábado e do domingo no paseo Ribeira e organizou un roteiro polo entorno afectado pola instalación dos 21 muíños de vento no que participaron medio cento de persoas.
O proxecto para a creación do parque eólico xerou unha gran contestación social desde que se presentou publicamente o pasado verán. A asociación SOS A Groba, integrada por diferentes colectivos, canaliza todas as accións de protesta en contra desta iniciativa. Membros desta entidade montarán hoxe sábado un posto no parque da Palma para recoller firmas en contra da instalación dos aeroxeradores nun espazo natural.
O proxecto do parque eólico Albariño 1 recibiu un informe negativo dos servizos técnicos do Concello de Baiona. O principal argumento que empregaron os encargados do estudo para botar por terra a creación do complexo é que se asentará sobre un chan que está clasificado como rústico e de protección agrícola na achaiadura vixente.