Pola Serra dá Groba cabalga desde fai centos de anos a maior reserva de cabalos salvaxes de Galicia. O bipartito tramita neste enclave do sur de Pontevedra un parque eólico de 21 muíños que afectará a unha superficie equivalente a 3.300 campos de fútbol
A enerxía eólica é un dos elementos necesarios para construír un modelo enerxético sustentábel. Porén, a forma en que se desenvolveu até hoxe en Galicia foi socialmente inxusta e contribuiu á deterioración dalgúns espazos de alto valor ecolóxico.
Hoxe presentouse ante os medios de comunicación nunha rolda de prensa celebrada en Baiona, a “Asociación de Defensa Medioambiental SOS A Serra da Groba”.
Os promotores son un grupo de veciños e veciñas do Val Miñor e arredores preocupados pola enorme ameaza que para este privilexiado espazo significa o proxecto de creación do parque eólico Albariño 1, que ocuparía e danaría gravemente dous millóns de m2 da Serra da Groba, afectando aos Concellos de Baiona, Gondomar, Santa María de Oia e Tomiño.
O futuro parque eólico porá en perigo a fauna equina salvaxe da zona.
O BNG de Baiona presentou tamén as súas alegacións contra o proxecto de construcción dun parque eólico na serra da Groba entre os momentes dos concellos de Baiona, Oia e Tomiño. Estas alegacións se suman as presnetadas xa por varios colectivos da comarca como Salvemos Monteferro e o Instituto de Estudos Miñoráns onde se advirte de graves consecuencias para o patrimonio e o conxunto natural da serra da Groba.
A asociación de defensa ambiental Salvemos Monteferro presentou ante o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, unha serie de alegacións contra o parque eólico 'Albariño I ', situado na pontevedresa Serra da Groba, polas "graves" consecuencias que leva, e esixen que o proxecto non se execute.