As Rías Baixas poderían converterse nun prazo non moi afastado na quinta reserva da biosfera de Galicia e a primeira que comprende unha zona costeira. A Xunta ten sobre a mesa un informe sobre a viabilidade desta proposta, que incluiría o Parque Nacional Illas Atlánticas como núcleo de especial protección, e exponse iniciar o proceso "a medio prazo".
SOS GRoba reuniu en Baiña a medio centear de persoas
Despois das declaracións do presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor publicadas no Faro de Vigo, SOS A Serra da Groba manifesta seguir con máis ánimo e vontade a súa labor informativa. SOS Groba manifestou non compartir as verbas de Latino Rodríguez, presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor, asegurando que alguns mesmos da propia asociación son comuneiros do Val Miñor e afirman non ter coñecemento da asamblea na que a mancomunidade respaldou a desición das comunidades de montes afectadas polos muiños de vento.
O parque eólico "Albariño I" que prevé a empresa Eurovento nos montes de Baiona, Oia e Tomiño non só atopa oposición na comarca do Val Miñor, senón tamén apoios.
A asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba reuniuse o sábado 3 de novembro cos veciños e veciñas de Barrantes no pavillón de deportes. A comunidade de montes desta parroquia tomiñesa opúxose á instalación dos aeroxeradores dende que se fixo público o proxecto de Eurovento presentando varias alegacións.
Na súa teima por informar á sociedade civil, a asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba organiza otra exposición informativa esta fin de semán na parroquia tomiñesa de Barrantes.