Título: A dúas velas Tema: a producción eléctrica e a desatención do medio rural Guión: Quique Otero Realización: Quique Otero Producción: Lola Liñares Sinopse: unha familia que vive pegada a un campo de xeradores eólicos sufre cosntantes cortes de luz
O que queda a vista dos nosos ollos é o resultado do traballo que fai a natureza ao longo de millons de anos. Dendehaiuns 4 ou 5 mil anos,o home comezou a mudar a fisonomía da paisaxe facendo coas súas mans obras que modificaban aquelo que se vía e, ata aquil intre, só a forza da natureza moldeaba.
O parque eólico "Albariño I" previsto en montes das comarcas do Val Miñor e o Baixo Miño sacrificará parte da riqueza biolóxica, etnográfica e arqueológica da Serra dá Groba. Polo menos, así o cre o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), que prepara varias alegaciones ao proxecto que deberán ser presentadas ante a Consellería de Innovación e Industria antes de que termine o mes de agosto. Uns 2.500 cabalos salvaxes de pura raza galega e máis de 40 superficies con arte rupestre, entre outros achados arqueológicos, veranse afectados pola colocación dos 21 molinos de vento previstos en montes dos municipios de Baiona, Oia e Tomiño. [*] O labirinto máis antigo de Europa áchase na zona.
Varios colectivos ecoloxistas preparan as súas alegacións a dito proxecto. A Unión de Pequenos Agricultores fixo un chamamento onte á noite en Mougás (Oia) aos comuneiros para que pidan máis diñeiro para ceder o monte para instalar muíños de enerxía eólica. O bautizado parque eólico Albariño 1, que se construirá no prazo de dous anos, ten prevista a instalación de 23 aeroxeradores nunha vasta extensión de terreo pertencente a tres municipios: Tomiño, Baiona e Oia. En Tomiño están afectadas as comunidades de Pinzás e Barrantes. En Baiona, Belesar, Bahíña e o monte comunal dá Groba; mentres que en Oia resultarán afectadas as zonas que pertencen ás comunidades de Mougás, Pedornes, Viladesuso e Burgueira.