Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Especiais arrow Porto do Molle
Porto do Molle
Zona Franca dá vía libre á urbanización de Porto do Molle, a súa sexta área industrial
Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia   
Venres, 30 de Novembro do 2007
ImageA urbanización de Porto do Molle marca o inicio da conta atrás para a entrega, dentro dun ano, das parcelas nas que se asentarán máis de 300 empresas. O comité executivo do Consorcio aprobou onte o proxecto de execución das obras cun importe de 13.412.389 euros e un prazo de execución de doce meses.
 
Nigrán rexeita o parque eólico polo seu impacto negativo sobre a paisaxe
Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia   
Venres, 30 de Novembro do 2007
ImageO proxecto Albariño I para a instalación de aeroxeradores nos montes de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño vai camiño de converterse nunha das iniciativas máis polémicas dos últimos anos no Val Miñor. Nunca un anuncio de investimento recibira tanto rexeitamento social como o que está xerando a posibilidade de instalar un parque eólico que afecte á comarca miñorana.
 
Visto bó ao proxecto de urbanización de Porto do Molle pese ao risco de inundacións
Escrito por Redaccion   
Martes, 27 de Novembro do 2007
ImageO risco de inundacións na contorna e a invasión dunha zona verde por parte do polígono industrial de Porto do Molle non serviron para frear a aprobación definitiva do seu proxecto de urbanización. O alcalde, Efrén Juanes, asinará por decreto nos próximos días devandita aprobación, logo de abordar onte o asunto na comisión de goberno.
 
O parque empresarial de Porto do Molle estará dispoñible no 2009
Escrito por Redaccion   
Luns, 26 de Novembro do 2007
Recreación dixital do parque empresarial
Recreación dixital do parque empresarial
Segundo publica Zona Franca na súa web, o Parque Empresarial Porto do Molle, en Nigrán, estará operativo no ano 2009 se se cumpren os prazos previstos polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, entidade promotora do polígono. Actualmente están en execución as obras de explanación de terras e drenaxe. Cando o Concello de Nigrán conceda a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, o Consorcio convocará o correspondente concurso de obras, que se prevé que duren un ano.
 
A deputación inviste 112.000 euros nas obras de abastecemento en Porto do Molle
Escrito por Redaccion   
Xoves, 22 de Novembro do 2007

ImageA Deputación Provincial de Pontevedra acordou onte na Xunta de Goberno aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación por procedemento aberto, mediante trámite de urxencia, das obras de conexión de abastecemento do Parque Empresarial Terciario Porto do Molle de Nigrán, cun orzamento de licitación de 112.018 euros.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Resultados 19 - 27 de 41
  • Relacionadas
 

Documentación Porto do Molle

Documentacion

 

Documento de análise do Proxecto de Urbanización de Porto do Molle
  realizado por iniciativa e conta das AA.VV de Nigrán

Descargar documento PDF (1,2 MB)

Documento do Plan de Sectorización de Porto do Molle
Descargar documento PDF (252 KB)

Documento convenio Zona Franca Concello de Nigrán
previo á aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

Descargar documento PDF (390 KB)

Videos



Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa