O proxecto de urbanización en Porto do Molle será seguido de cerca polo novo goberno municipal. O seguimento das empresas concesionarias segue a destapar a falta de xestión do goberno anterior.
O Alcalde de Nigrán Efrén Juanes, o Concelleiro de Urbanismo Juan A. González e o Concelleiro de Medio Ambiente Juan Hermida, mativeron onte unha reunión cos técnicos municipais para abordar a situación do desenvolvemento do Parque Empresarial terciario de Porto do Molle.
A intención do alcalde de Nigrán de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de Porto do Molle nos últimos días do seu mandato xerou preocupación nas filas do PSOE.
O futuro alcalde, Efrén Juanes, reuniuse co delegado de Zona Franca, López Peña , para dialogar sobre a importancia das alegacións que se presentaron a este proxecto. O representante de Zona Franca comprometeuse a que nun prazo de 15 días quedarán resoltas as reclamacións que foron expostas pola asociación de afectados.
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Nigrán presenta tres mocións ao Pleno da Corporación e o alcalde, Alfredo Rodríguez, decide non levalas á Comisión Informativa e non incluilas no Pleno do mes de abril.
A moción que tiña como obxecto “Facer as xestións necesarias para SOLICITAR a colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia co Concello de Nigrán co fin de eliminar o vertedoiro incontrolado de Porto do Molle e do mesmo xeito levar a cabo unha actuación urxente e inmediata de recuperación integral deste entorno que en breve formará parte do entorno do Parque Empresarial Terciario de Porto do Molle”, foi presentada por Rexistro de entrada o 30/03/07 co nº 2394, e pretendía solucionar dunha vez por todas o estado de degradación no que se atopa o gran vertedoiro de Porto do Molle. A segunda Moción, presentada con nº 2818 de Rexistro con data 18 de abril de 2007 e que tiña por obxecto: “Instar á Consellería de Medio Ambiente/Augas de Galicia a que solucionen de xeito inmediato as deficiencias que a Depuradora de Nigrán poida ter para que as augas que se verten no mar a través do emisario submarino saian correctamente depuradas.
O grupo socialista de Nigrán levará ao próximo pleno dúas mocións para solicitar ao goberno municipal que tome as medidas oportunas no tocante a dous problemas medio ambientais moi graves para a actividade e saúde da nosa ría, por desgraza gravemente tocadas polos problemas de contaminación por aguas fecais, e que foi motivo de peche dos bancos marisqueiros de Baiona e da Foz.
A Asociación para a Defensa Ecoloxíca en Galiza (ADEGA) denuncia que as obras de construcción do polígono industrial de Porto do Molle, e en fase de explanación, está destruindo a última zona húmida- subhúmida e boscosa asociada a ela neste concello. O polígono promovido pola Autoriade Portuaria de Vigo e o Concello de Nigrán afecta a unha zona de grande valor ecolóxico na beira do río Muíños, hábitat de numerosas especies de aves acuáticas.
Documento de análise do Proxecto de Urbanización de Porto do Molle realizado por iniciativa e conta das AA.VV de Nigrán Descargar documento PDF (1,2 MB)