O pasado xoves día 11 de outubro celebrouse, no Teatro Colon de A Coruña, a gala de entrega dos "Premios Opinión" adicados á música galega e organizados polo xornal "La Opinión". O músico ourensan afincado en Sabarís, Xosé Luís Miguélez foi o encargado de abrir a gala nesta sexta edición, cunha presentación do seu novo CD "Esperanza", que sairá á venda coa Editorial Dos Acordes neste mesmo mes de outubro.
O Conservatorio Profesional de Música de Vigo convocou a terceira edición dos premios David Russell, dirixidos a intérpretes de calquera nacionalidade que o día do inicio das audicións aínda non cumpran os 18 anos, excepto na especialidade de canto, na que a idade límite será de 25 anos.