O dúo cómico formado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, aos que desta vez se lles une Piti Sanz, volve ao Val Miñor, en concreto a Nigrán con Cultura para dar e tomar, un espectáculo co que xa levan tempo percorrendo os teatros e salas galegas e con cheos espectaculares en Santiago.
O dúo cómico formado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, aos que desta vez se lles une Piti Sanz, volve a Gondomar con Cultura para dar e tomar, un espectáculo co que xa levan tempo percorrendo os teatros e salas galegas e con cheos espectaculares en Santiago.
Milladoiro, un dos grupos galegos de maior traxectoria internacional, presenta nesta ocasión o seu último disco, “Milladoiro 25”, no que fai unha relectura actualizada de 25 anos de traballo
A Palma de Baiona acollerá o próximo xoves, día 23 de agosto, ás 23.00 horas, o concerto de Milladoiro. A actuación, organizada por Caixanova no marco da programación cultural que a caixa de aforros leva ao longo do verán a distintos concellos galegos, será de entrada libre e gratuíta.
Despois das rotas adicadas á memoria do deputado Antón Alonso Ríos ( Siñor Afranio do Amaral) e máis das Xeiras Nocturnas, centradas na visión de importantes paneis de petroglifos continúan as Xeiras 2007 que organiza o IEM coa 6 Xeira de 2007. O xoves, 23 de agosto, Polas ribeiras do río Muíños. O vindeiro xoves 23 de agosto, ás 17:30 sairemos da Casa do Concello de Nigrán ata o conxunto formado polo río Muiños e seu afluente o Táboas, que conforman un corredor natural que permite percorrer os diferentes hábitats presentes no concello de Nigrán, desde o litoral de praia América ao amplo e fértil val central (hoxe en desaparición pola construción do Polígono Industrial de Porto do Molle) ata súas fontes nas serras que pechan o Val Miñor polo norte: os Outerios e o alto de Canaval.
A Compañía Femme Fatale é un grupo de traballo, permeable e aberto que reúne a artistas das máis diferentes disciplinas das artes escénicas para crear espectáculos en clave de cabaré. Nacida a raíz do I Festival Galego de Cabaré “Cabaré3 Oleiros” e cunha forte implicación na xestión do II Festival Galego de cabaré “Cabaré3 Pontevedra” está formada na actualidade por nove membros, con residencia en A Coruña, onde forman parte da asociación “3º Pé. Andar Criativo”. Espectacular pasarrúas no que interveñen nove actores e dez músicos e que nos trae o fascinante, emocionante e trepidante mundo do cabaré. Femme Fatale xunto coa orquesta ‘Os Chiviñas’ sae á rúa cun espectáculo descarado e divertido para animar as vilas galegas.