Dous dos integrantes do grupo Antara, estarán en concerto no Bar Patos, este venres 4 de febreiro, a partir das 11:30 da noite. Un grupo caracterizado pola diversidade de instrumentos e ritmos sudamericanos, Antara (nome de un instrumento musical en quechua) é un grupo musical formado por sete integrantes de variadas procedencias e diversas influencias culturais. Esa diversidade ten na proposta artística do grupo que como base a valorización da musica de América Latina e súa integración ca de outros pobos através da fusión de elementos folclóricos característicos.
Talía Teatro pecha esta edición da Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar o sábado 2 de nadal no auditorio Lois tobío de Gondomar. O cartel da mostra sufiru un cambio por problemas técnicos da compañía e a obra "Bicos con Lingua" sustituirá a anunciada "Quero se Grande"
"Bicos con língua" é unha proposta chea de intención que repara na situación sociolingüística pola que atravesa o uso do idioma nas diferentes facetas da nosa vida, a través do tempo e do espazo, elevando a voz e sinalando co dedo se é preciso. Iso si, sempre cun necesario e gratificante sorriso na cara. Foi galardoada con dous Premios María Casares, ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal e ten unha boa acollida entre o público.
Seguindo coa mostra de teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar, este sábado tócalle o turno á formación cómica por excelencia do teatro galego. Mofa e Befa estrea espectáculo, con máis música e coas doses de humor acedo que caracterizan cada unha das súas montaxes: Sempre ao lonxe (ou a decadencia étnica) é unha colección de scketches sobre o fin das etnias que está chegando...
A cita, coma sempre, sábado ás 22:30h no Auditorio Lois Tobio de Gondomar. O custe entrada 3 euros
Todo o panorama nacional da música tradicional non dubida en tachar o acontecemento como un "feito histórico".
A actualidade do Val Miñor sempre pasa por alto e olvida a persoeiros que realmente son o valor patrimonial e identidade do que é noso, do que nos fai máis aunténticos e únicos. Os verdadeiros portavoces e representantes do noso país.
Este é o caso do xoven músico e compositor galego Xose Luís Miguélez Sainza, ourensán de nacemento afincado e empadroado dende máis de 3 anos no concello de Baiona. O 21 de Novembro, a súa carreira profesional tocou outra máis das cimas como músico profesional. Xose Luís Miguélez converteuse no primeiro músico de España en acadar á titulación superior en Música Tradicional Galega.
Seguindo co Certame de Teatro Roberto Vidal Bolaño organizado pola Concellería de Cultura do concello de Gondomar , este sábado actuarán o grupo de teatro The Pinga Teatro coa súa obra Urbe 2.0.
Dirixida por Pedro Rentería, Urbe 02 narra a historia dun catalán, Peret Bru, un portugués, Susinho de Morais e un galego O Tapas que por riba das súas crenzas e dos seus prexuízos manteñen a amizade ao tempo que reflexionan con humor sobre os tres piares que moven o mundo: a saúde, os cartos e o amor.
Miguel Condal e Suso Pando escribiron o guión da obra e, xunto con Oscar Fernández, dan vida aos tres personaxes principais e a toda unha sorte de secundarios que van desde o doutor Roig e Ruidós, o doutor Conejo, os enfermeiros, o visitador, o sacerdote, a vítima da guerra e o xeneral.