Fonte - EP Nigrán acollerá o vindeiro venres, día 4 de agosto, a actuación do grupo 'Los Secretos', enmarcada dentro da programación estival que este ano preparou o Concello, que saltarán ao escenario ás 23.00 horas, na explanada do aparcamento de Praia América.
A actuación de 'Los Secretos' é o segundo gran concerto gratuito do verán de Nigrán, despois do éxito de público do primeiro, onde máis de 6.000 persoas reuníronse para gozar da música de Pereza, que actuou no municipio o pasado 6 de xullo.
'Los Secretos' son un grupo atípico, unha banda de longo percorrido que utiliza un son "propio, inimitable, atemporal", co que escribiron algunhas das consideradas mellores cancións do pop en español. "Trátase da única banda que segue en activo das xurdidas nos primeiros anos oitenta".
O xoves 3 de agosto as xeiras do IEM percorreran as ribeiras do Miñor entre a Ponte das Ánimas, en Gondomar, e o comezo da foz da Ramallosa.
Salgueiros, amieiros, umeiros, freixos... acompañaran aos participantes nesta nova xeira, sen desatender aos demais elementos a destacar neste paseo por unha das paraxes máis fermosas do Val Miñor e infortunadamente unha das máis seriamente ameazadas, polo que non está de máis lembrar a lexislación que protexe os ríos e as súas marxes.
A visita será guiada polo biólogo Fernando Lahuerta Mouriño e partirá da casa do concello de Gondomar ás 17:30 horas.
Arqueoloxía, toponimia, botánica e xeoloxía serán os aspectos nos que se deterán os guías desta nova visita que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Os dous primeiros serán introducidos polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira que resaltará o patrimonio histórico de Monteferro (petroglifos e “villae” romanas) e tamén explicará os numerosos topónimos con que os mariñeiros denominaron practicamente cada recuncho da península e que foron estudados dentro dun proxecto do Instituto de Estudos Miñoranos, en parte realizado (exposición “Os nomes do mar” de xullo de 2005 en Baiona e a achega dos topónimos recollidos na “Aeroguía” editada pola Confraría de Baiona) e en parte pendente de realización (proxecto didáctico “A toponimia do Val Miñor”).
Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns, este é o quinto ano consecutivo, unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado (ver documento adxunto) e conta coa colaboración das concellerías de cultura de Gondomar.
A fraga da Oliveira primeira das xeiras do 2006 do Instituto de Estudos Miñoranos
Los componentes de PEREZA, Leiva (bajo y voz) y Rubén(guitarra y voz), actuarán mañana jueves 6 de julio a partir de las 22.30 horas en Playa América.
El dúo madrileño de estilo pop, que se encuentra en los primeros puestos de las listas de ventas, presentará su tercer disco, "Los amigos de los animales", en el concierto. El conjunto participó recientemente en una gira por Sudamérica junto a los grupos mejor valorados de España. Asimismo, sus componentes, Rubén y Leiva, figuran como cabezas de cartel de los festivales más importantes del país.