o 24-08-2005
Visitas : 629
Dentro del programa As nosas músicas , que lleva durante todo el verano por toda la comunidad autónoma Caixa Galicia, esta noche llega a Playa América, en Nigrán, la gran voz de la cantante portuguesa Filipa Pais. Esta cantante es uno de los grandes personajes de la música del paÃs vecinos. Concierto gratuito.
o 18-08-2005
Visitas : 695
Oia celebra este sábado 20 de agosto a primeira edición do festival â??Rock do Mosteiroâ?? coa actuación de máis de seis grupos de rock. Os vigueses Skacha (punk rock) e os miñoranos DakidarrÃa (punk rock con influencia reggae e ska) serán os cabezas de cartel deste festival, no que ademais actuarán grupos chegados da Guarda (Not Now, Chámalle X e Balbordo) e un cantautor local, Fiasco. Espérase tamén a actuación de máis grupos convidados.
o 08-08-2005
Visitas : 570
O próximo mércores 10 de agosto celebrarase unha nova visita-guiada ou xeira organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. A visita será á Fraga de Oliveira unha das paraxes naturais mellor conservados e de máis interese das moitas coas que conta o Val Miñor.
O percorrido, dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, farase polas beiras do rÃo da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Aburlido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. Só cando estamos dentro da fraga somos capaces de percibir a beleza e variedade de especies vexetais e animais que contén. Podemos pasar pola beira e non decatarnos dos tesouros que agocha, entre o lusco-fusco do solpor ou no orballo dunha alborada. O tempo ten outro ritmo neste lugar.
o 05-08-2005
Visitas : 735
As bandas de gaitas Xarabal, de Vigo, e Manxadoira, de Bueu (Pontevedra), son as únicas agrupacións musicais galegas que acudirán ao XXXV Festival Intercéltico de Lorient (Francia), que se celebrará do 5 ao 14 de agosto.
Os rapaces Hugo, Pedro e rapaza Úrsula, todos de Nigrán e gaiteiros son integrantes da popular banda de música Xarabal, de onde naceron músicos coma Carlos Nuñez ou xose Manuel budiño, están agora mesmo por terras galas participando no máis importante festival da cultura celta do mundo.
http://www.festival-interceltique.com/
o 03-08-2005
Visitas : 579
Paseo polos Pazos de Gondomar que dentro das Xeiras do IEM terá lugar o hoxe mércores 3 de agosto . O punto de reunión será ás 18 h. da Casa do Concello de Gondomar para iniciar o percorrido na Igrexa de Mañufe e no Pazo da Escola, deténdonos, logo, na ponte medieval de Mañufe e no seu cruceiro para dirixirnos, polo Camiño Real, ata o Pazo de Fontán, continuar ata o de Pampillón e rematar no de Vilarés.
A visita será guiada polos membros do Instituto de Estudos Miñoranos, Alfonso Soliño Troncoso e Carlos Méixome.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >> Resultados 82 - 90 de 150