Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Novas arrow Xerais
Xerais
O BNG de Oia denuncia o incumprimento do contrato na recollida do lixo
 
o 27-05-2006

Visitas : 367


A Agrupación Local do BNG de Oia ten comprobado, desde hai varios meses, o reiterado incumprimento do contrato asinado polo Concello para xestionar a recollida do lixo nas distintas parroquias. As condicións contractuais, baixo as que debe operar a empresa que xestiona este servizo, estabelecen unha frecuencia obrigada de 2 recollidas semanais (e de 3 recollidas semanais na época estival) en cada parroquia.





Escribe o primeiro comentario
Salvemos Monteferro entrega 9875 firmas contra o proxecto do vial
 
o 16-05-2006

Visitas : 562


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoFonte - Faro de Vigo
A asociación de defensa medioambiental "Salvemos Monteferro" congregou o sábado a unhas 500 persoas ante o Concello de Nigrán como preámbulo á presentación por rexistro de 9.875 firmas compulsadas de oposición ao proxecto de vial.
Nos prolegómenos a entrega,  foro chegando os activistas de Verdegaia que organizaron unha marcha ciclista dende Vigo para sumarse á concentración. Houbo música folclórica de gaita e tambor, para dar paso despois á protesta, na que non faltou unha pancarta reivindicativa despregada por uns zancudos.
As intervencións recalcaron os aspectos fundamentais da protesta: as desproporcionadas medidas do vial,  a perdida de patrimonio arqueolóxico e natural, e prol da defensa do litoral galego.

Escribe o primeiro comentario
O Concello afirma que o PXOM de Nigrán amplía os espazos protexidos en Montefe
 
o 16-05-2006

Visitas : 529


Fonte - Faro de Vigo
O BNG critica a calificación dinstinta da finca do Rapón e o porto deportivo no Faro da Meda.
A controversia sobre a contorna natural de Monteferro podería quedar pechada en canto o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán sexa público. O documento cualifica toda a contorna natural como chan de protección e ata engade parcelas que as normas subsidiarias consideraban urbanizables, segundo aseguran fontes municipais.
Devanditas leiras están incluídas nos SAU 1 e 2 -na saia do monte, cara a Panxón o primeiro e cara a Saiáns o segundo-, pero nunca chegaron a desenvolverse urbanísticamente, polo que pasan a formar parte da superficie protexida. 

Escribe o primeiro comentario
Marcha ciclista Vigo - Nigrán en apoio a Salvemos Monteferro
 
o 09-05-2006

Visitas : 549


A asociación ecoloxista Verdegaia e unha das impulsoras desta iniciativa, que encaixa na sua reivindicación do papel da bicicleta nas políticas de transporte.  Verdegaia quere amosar á sociedade que existe outra forma de moverse, de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante empregando un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta, combinado co transporte público colectivo. A abafante presenza do automóbil privado está a xerar graves problemas ambientais, sociais e sanitarios. O transporte tense convertido nunha das causas principais da crise ecolóxica actual, responsábel do 54% do total do consumo de produtos petrolíferos e emitindo arredor do 20% do dióxido de carbono de toda Galiza e o 35 % do óxido nitroso. Un automóbil moderno emite 1 tonelada de dióxido de carbono cada 100 km, ademais doutros contaminantes, contribuíndo de xeito moi importante ao cambio climático e á degradación da calidade de vida nas cidades.

Escribe o primeiro comentario
Nova iniciativa cultural no Val Miñor - Asociación de Embarcacións Tradiciona
 
o 08-05-2006

Visitas : 336


Na congorzaOs nosos amigos e compañeiros Luisa e Jose están aunando esforzos para organizar a primeira Asociación de Embarcacións Tradicionais do Val Miñor
Propietarios dun bote Noia a vela fondeado na Foz, Luisa e Jose buscan máis xente do Val Miñor que compartan a mesa afición para formar unha asociación que poda organizar ou participar nas actividades da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. 

Se alguén quere contactar con eles, a asociación acaba de abrir un novo espacio web en http://www.valminor.info/aetvm/

Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>

Resultados 118 - 126 de 363

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?