¿Que é o Centro de Información á Muller? É un servizo de información ás mulleres, que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.
Persoas ás que vai dirixido Mulleres do Concello de Baiona ou de concellos limítrofes que non conten con este servizo.
Fonte- La Voz de Galicia A consellería de Política Territorial agilizará o pago das débedas a 3.256 veciños do Val Miñor e de Bergantiños aos que lles deben as compensacións polas expropiaciones de terreos para construír tanto a autopista do Val Miñor como a que transcorre da Coruña a Carballo.
Fonte Faro de Vigo Sete días pasaron desde que a moza de 21 anos Águeda González Portela desapareceu, a plena luz do día e no casco urbano de Baiona, e non hai pistas sobre a súa paradero nin se se marchou voluntariamente, foi secuestrada ou ata sufriu un final peor. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, admitiu onte que a escaseza de datos dificulta a investigación. "Trátase dun caso moi complexo, pois a Garda Civil partiu dunha información mínima. Agora empezamos a ter algúns que se están analizando", explicou.
O Concello de Baiona acollerá este sábado a reunión do xurado que debe fallar o IV Premio de Traducción “Plácido Castro”.
Dotado con 3.000 euros, as anteriores edicións recaeron en Lois Tobío e Valentín Arias; Xesús Riveiro Costa; Enma Lázare; Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. O xurado está integrado por: Asociación de Traductores Galegos (Xosé María Gómez Clemente); Fundación Plácido Castro (Xulián Maure); Real Academia Galega (Francisco Fernández Rei); Universidade de Vigo (Auria Fernández Rodríguez); Xunta de Galicia (Carlos Vila). Secretario: María del Mar Gómez (IGADI).
Fonte - La Voz de Galicia La edificabilidad de los 1.700 kilómetros de franja marítima aumentará un 75% con los nuevos planes. Los ayuntamientos costeros gallegos programan 600.000 pisos