Era o ano 1880 cando un grupo de músicos afeccionados, dirixidos por José Fernández Durán, decidiu crear a Banda de Música de Mougás. pasaron 125 anos e o conxunto instrumental continúa moi vivo grazas aos seus 40 compoñentes, na súa maioría persoas novas, e o traballo ilusionado do seu actual director, o músico Gabriel Rodríguez, que ademais é fundador e director da Banda Municipal de Baiona.
Á asociación de mulleres do Val Miñor AREA LOURA, convidate venres día 16 de decembro ás 20:00 horas na casa da cultura de Gondomar a presentación do traballo da historiadora Tareixa Otero:
COEDUCACIÓN: LOGROS E RETOS NO SÉCULO XXI Á relatora, Tareixa Otero Dacosta, é ensinante no I.E.S. Val Miñor, é unha das colaboradoras máis activas da nosa aociación. Seu traballo foi mui ben valorado nas II XORNADAS DE FORMACIÓN FEMINISTA, XORNADAS DE AUTOESTIMA E SEXUALIDADE, levadas a cabo fai uns días.
A maioría dos concellos obteñen diñeiro ou dotaciones a cambio de convenios de recalificación. As proxectos máis importantes prevén 35.000 apartamentos e 17 campos de golf. O Val Miñor está ameazado por esta ola de especulación urbanística, onde tamén están proxectados sendos campos de Golf.
Unha nova lexislación autonómica que entrou en vigor o 1 de xaneiro introduce unha nova fórmula para axilizar as operacións urbanísticas: un promotor poderá facerse cunha gran área e edificar nela, ata sen lograr adquirir os terreos aos seus propietarios. A propia Comisión Europea está inspeccionando varias denuncias de propietarios valencianos obrigados a urbanizar os seus terreos.
Hai veciños que levan catro anos en lista de espera e aínda non puideron apuntarse. O Valedor de Pobo tramita a denuncia presentada por unha residente de Chaín.
A Mancomunidad do Val Miñor pechou as portas da piscina aos veciños de Gondomar. As instalacións posúen na actualidade prazas vacantes para utilizar as instalacións en determinados horarios pero só admiten a veciños de Baiona e de Nigrán. Os solicitantes de Gondomar pasan a engrosar unha lista de espera indefinida.