Co lema "Galiza non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s" máis de 30 grupos e colectivos ecoloxistas e veciñais sairán á rúa este sábado 6 de maio en Santiago para elevar a voz de alarma sobre o impacto que sufre o territorio galego pola presión urbanística, a deforestación masiva e as novas instalacións emperesariais en territorios protexidos como o caso do Caurel. A manifestación partirá ás 12:00h dende a praza da Alameda ata a praza de Quintana. Dende alí a actriz galega Mabel Ribera leera un manifesto asinado por multitude de persoeiros das artes, música, educación, letras,...
MANIFESTO - A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos. ...
O dirario anglosaxón "The Independent", abría hoxe a portada do seu periódico coa noticia do abrollo dunha nova illa en Groenlandia.Uunartoq Qeqertoq será o nome desta nova illa, froito do cambio climático que está a mudar o planeta.
Nesta liña, os CAEF organizan para os días 25 de abril, 2, 4 e 9 de maio,as Xornadas sobre o Cambio Climático. A iniciativa pretende achegar a afondar nun problema que xa é presente e que esta mudando a vida no noso planeta.
Con motivo da celebración, o 22 de abril, do Día da Terra, Salvemos Monteferro e os colectivos que conforman o grupo "A RÍA NON SE VENDE" presentaron un traballo sobre o estado actual e as ameazas que sopesan sobre a Ría de Vigo. Os elevados niveis de contaminación, unidos ó alarmante proceso de destrución da paisaxe e da natureza no seu litoral, constitúen o motivo que moveu a estes colectivos á elaboración deste informe.
Fonte - EP . A plataforma ´A Ría non se vende´, integrada por unha ducia de colectivos ecoloxistas da Ría de Vigo e do sur de Pontevedra (entre eles o miñorán Salvemos Monteferro), entregou hoxe no rexistro da sé da Autoridade Portuaria un escrito que tamén remitiron á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, no que se denuncia o incumplimiento da normativa medioambiental por parte do Porto de Vigo.
En declaracións aos medios, o portavoz destes colectivos, Tiago Pérez, explicou que as actuacións e proxectos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo, entre os que se atopa a construción do Porto deportivo en Ou Salgueirón (Cangas do Morrazo), ou a ampliación do peirao de Bouzas, na cidade olívica, non respectan a lexislación comunitaria en materia medioambiental.
(I) Consideración legais. Modificación do PXOUM. A empresa RAMINOSA S.L.. O negocio inmobiliario na zona. Asociación de campos de golf e proxectos urbanísticos: negocio duns poucos.
Pretenden instalar 2 campos de golf e unha zona residencial de máis de 800 vivendas.
Actualmente está en exposición pública o “Estudo de sostenibilidade medioambiental e impacto territorial e paisaxístico”.
A asociación dun campo de golf a unha urbanización, supón poder vender as vivendas un 30% máis caras
O proxecto para instalar un “Complexo Deportivo, Turístico e Residencial”, nos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pinzás (Tomiño), remontase ao ano 2004 e sigue a súa tramitación sixilosamente, estando actualmente a exposición pública no concello de Tomiño o denominado “Estudo de sostenibilidade medioambiental e impacto territorial e paisaxístico”, como un dos requisitos administrativos previos para a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana