Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Novas arrow Xerais
Xerais
A deputación subenciona os proxectos de urbanismo de Baiona e Nigrán
 
o 21-09-2006

Visitas : 301


Fonte A Voz de Galicia
Baiona e Nigrán recibirán sa Deputación 38.000 euros, no último caso para o PXOM y e no caso de Baiona para redactar un plan especial de protección do conxunto histórico artístico do municipio.

Esta axuda é unha subvención á que optaban todos os concellos da provincia que estivesen redactando o seu plan urbanístico ou facendo unha revisión deste documento, tendo prioridade os que tivesen plans en vigor anteriores ao 2000. Tamén aqueles que no momento de solicitar a axuda á Deputación tivesen contratados ou en fase de contratación a redacción ou adaptación do seu plan.

Escribe o primeiro comentario
A xunta pecha 3 escolas no Val Miñor por falta de alumnado
 
o 12-09-2006

Visitas : 322


Este ano escolar 2006-2007 a xunta pechou no Val Miñor as escolas Mestre D. José (Ramallosa), Igrexa- Parada e a de Borreiros (Gondomar). 
A falta de alumnado é o motivo dos peches, o Goberno galego non mantén aberto ningún centro con menos de 5 estudantes. Pontevedra é a provincia con máis clausuras, 13, seguida da Coruña, con 10.

Galicia conta, neste novo curso, con 27 escolas unitarias menos. Estes pequenos colexios rurais, situados nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo, tiveron que pechar as súas portas por non alcanzar o mínimo que a Xunta establece para manter aberto un centro, ter, polo menos, 5 alumnos matriculados.

Escribe o primeiro comentario
valminor.info, premio Nano Cambeiro de periodismo
 
o 11-09-2006

Visitas : 278


A páxina web VALMINOR.INFO e o seu director Pedro Telmo reciben o IV premio de xornalismo Nano Cambeiro.
O premio consiste nunha escultura de Fernando Casás.

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumplirse o quinto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Escribe o primeiro comentario
Salvemos Monteferro traballa nas tarefas de rexeneración en Belesar.
 
o 08-09-2006

Visitas : 343


Dende o pasado luns, doce voluntarios e voluntarias de de Salvemos Monteferro traballan na rexeneración do monte de Belesar,
integrados nun grupo de máis de trinta persoas coordinadas pola brigada de operarios da Comunidade de Montes do Val Miñor, dentro do voluntariado en defensa do monte galego.

A súa misión é tratar de evitar a erosión que poidan producir as choivas, nunha extensión de 200 hectáreas do que antes foi toxeira, monte baixo, e resultou totalmente calcinado no mes de agosto.

O grupo de voluntariado tamén esta composto por membros do grupo Alborada de Vigo, e un grupo de persoas que acoden título particular.

Escribe o primeiro comentario
As declaracións de Corina Porro e Figueroa crispan cada día máis os anímos d
 
o 08-09-2006

Visitas : 328


O BNG de Baiona convoca para este domingo as seis da tarde na Palma de Baiona unha manifestación contra o proxecto de
macrodepuradora en Cabo Silleiro e por un proxecto racional de saneamento.
 

O proxecto de macrodepuradora que Corina Porro e Chema Figueroa planifican para Baiona están caldeando os anímos da xente de Baiona, que se siten totalmente ofendidos tanto polo proxecto como polas declaracións de deuda por servizos.

O concello de Baiona en pleno mostrouse contrario a este proxecto que implica o verquido das augas fecais de máis de 500.000 de habitantes.

A estación do Lagares é a única que contamina a ría. Bruxelas pide unha solución antes do 2012. As instalacións de Teis, Redondela, Arcade, Soutomaior, Nigrán e Gondomar aínda teñen capacidade para tratar máis caudal do que reciben 

>> Opine no foro sobre o proxecto da depuradora en Silleiro

Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>

Resultados 91 - 99 de 359

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?