Valminor.info está intentando por esta noticia en coñecemento das concellerías de consumo dos concellos do Val Miñor para que emitan un comunicado de aviso.
Unha das empresas de multipropiedade con técnicas máis agresivas de venda recalou no Val Miñor esta semán. Moitos veciños e veciñas recibirón no seu buzón de correo un albarán personalizado dunha suposta empresa de mensaxería chamada Mensaexpress para informar da recollida dun paquete de regalo, neste caso en Baiona prometen un equipo home cinema.
Prevense para hoxe unhas temperaturas máximas de 30ºC para o Val Miñor e unha temperatura mínima de 18 graos. O bo tempo e as altas temperaturas continuarán ata o venres 8, ainda que cun lixero descenso. Proteción Civil alerta das altas temperaturas en 6 comunidades autónomas.
Unha xornada máis de influencia anticiclónica, sitúandose as altas presións sobre Francia, facendo que se manteña o aire cálido que chega dende o sur. Esto deixa unha situación sen cambios, con ceos soleados en xeral, aínda que no litoral comezará a notarse a entrada de brétemas ó longo da xornada. As temperaturas continuarán a ser altas durante o día, especialmente no interior da provincia Pontevedra e na provincia de Ourense. O vento soprará frouxo de compoñente norte.
Convocatoria dominical para limpar o monte A asociación ecoloxista Verdegaia e os colectivos Salvemos Monteferro e Mauxo reuniron onte a unha veintena de persoas pare realizar unha xornada de reivindicación e limpeza nos montes de Chandebrito (Nigrán) e Coruxo (Vigo)
Este vindeiro domingo 3 de setembro Verdegaia-Vigo, o Clube Espeleolóxico O Maúxo e Salvemos Monteferro organizamos unha actividade reinvindicativa de concienciación ambiental consistente na limpeza das Covas do Folón (Coruxo) e un roteiro polos montes de Chandebrito, ameazados polo proxecto de construcción dun novo campo de golf. A saída-punto de encontro será as 10:00 h. da Igrexa de Coruxo. Preciranse luvas, calzado e roupa cómoda, e o xantar.
O concello de Nigrán levará a pleno unha proposta para cambiar o uso dunha parcela en Panxón para levar a cavo a creación dun novo centro de saúde unha vez desestimada a rehabilitación das actuais instalacións da Casa do Mar.
A parcela contará cunha superficie de 2600 metros cadrados, e a súa calificación permitiría facer un edificio con planta baixa e 1 altura se fose necesaria.