Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

12 03/10
Portada arrow Canais arrow Cultura
Cultura
Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño
Martes, 04 de Novembro do 2008

Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño, na súa edición de 2008.  Continuando o  compromiso desta vila coa cultura galega, expresado na súa pertenza á Rede Galega de Teatros e Auditorios, e coa colaboración da AGADIC (anterior IGAEM), a Xunta de Galicia e Caixanova, as mellores compañías de teatro de Galicia volverán a pisar as táboas de Gondomar.

 
Os mundos de Carlos Casares
Mércores, 27 de Agosto do 2008
O próximo mércores 27 de agosto ás 12 h. na Residencia de Tempo Libre de Panxón- Patos terá lugar a presentación para a prensa da exposición “Os mundos de Carlos Casares”. Esta exposición preparada pola Fundación Carlos Casares fai un percorrido pola vida e a obra do escritor que durante máis de dúas décadas residiu no Val Miñor. A mostra que consiste nunha serie de paneis explicativos está complementada por varias vitrinas nas que se amosan os libros do autor, os premios, obxectos persoais así como mostras das súas afeccións como a fotografía, os trens ou os libros por el queridos.
 
Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s
Venres, 08 de Agosto do 2008
Hoxe venres 8 de agosto ás 13 horas terá lugar a inauguración da exposición titulada Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s instalada no local da Asociación de Veciños O Castro de Chandebrito.
Esta exposición realízase dentro do proxecto marco de revalorización patrimonial de Chandebrito, promovido polo Concello de Nigrán, cofinanciado con fondos Proder II e que se atopa na recta final de realización, na que tanto a asociación vecinal O Castro como a CMVMC de Chandebrito, veñen prestando unha estreita colaboración.
 
Visita ao porto de Vigo e xornada de educación vial en Nigrán
Xoves, 07 de Agosto do 2008
A Concellería de Educación de Nigrán que dirixe Estela Pérez, organiza coa colaboración da Autoriadade Portuaria de Vigo, unha visita ó porto de Vigo, para os máis cativos, na que visitarán as Lonxas de altura e de baixura e logo farán un recorrido pola ría nun barco da Autoridade Portuaria.
 
Xoves de contos na Foz
Xoves, 07 de Agosto do 2008
A Concellalía de Turismo de Nigrán, organiza para o mes de agosto unha nova actividade para os mais pequenos, "Xoves de Contos na Foz". A actividade consistirá en divertidas tardes de contos, contados por unha contacontos dunha forma amena e participativa buscando fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos. A actividade levarase a cabo todos os xoves do mes de agosto, na fermosa paraxe da Foz do Miñor, na Ramallosa.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 215
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa