O IEM organiza en colaboración da Universidade de Vigo unha nova visita nocturna aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros este mércores, 2 xullo ás 22h 45’ partindo dende Santa Marta (O Burgo). A visita guiada ao conxunto de petroglifos de Outeiro dos Lameiros, postos en valor pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Cristina da Ramallosa está especiamente pensada para amosar a riqueza patrimonial deste conxunto arqueolóxico aos participantes no Curso de Galego para Estranxeiros da Universidade de Vigo procedentes de 18 nacionalidades distintas.
O centro cultural de Vilaza acolle ás sete da tarde de hoxe domingo a actuación do grupo de teatro Avento que porá en escena a obra Monstros . A función programouse para as oito e media, pero se cambiou o horario para que os espectadores poidan gozar tamén do fútbol. A compañía fundouse en Vigo en 1985 e conseguiu máis de 30 premios en certames de toda España.
Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por séptimo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado e conta coa colaboración de diversas institucións. O mércores 25 de xuño, primeira das xeiras do verán 2008: visita nocturna a Chandebrito
Hoxe venres 6 de xuño, terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h. a última das TERTULIAS DO IEM deste curso 2007/08. Para poñer o ramo aos faladoiros deste curso estará con nós o historiador e Presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares.
Ramón Villares Paz naceu en Vilalba en 1951. É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e é membro electo do Pleno do Consello da Cultura Galega desde 2003, ano no que comezou a dirixir o seu Arquivo da Emigración Galega e a Sección de Cultura Galega no Exterior e en abril de 2006 foi elixido presidente do Consello da Cultura Galega.
Este próximo luns, 26 de maio, ás 18:00h, vaise celebrar na Biblioteca Municipal de Gondomar a última sesión do Contomar deste curso. O programa semanal de contacontos que promove Espazo Lectura despídese así nesta súa terceira tempada cunha sesión na que celebraremos o cumprecontos dos oito nenos e nenas do Contomar que fan anos durante o verán; contaremos a historia As dentaduras de Paco Palma e agasallaremos os nenos socios do Contomar cun diploma de asistencia.
Un astronauta no seu último día, e un fillo que lle espera na Terra... Con esta curtametraxe de animación do xénero da ciencia-ficción Fernando Cortizo...
A Coruña convértese desde hoxe en Marineda. Principalmente porque especialistas da obra de Emilia Pardo Bazán reúnense ata o venres na sede da Fundación Caixa...
Santiago, século XVII. Un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Este é o escenario no que se...
Traballar no ámbito do I+D+i é o obxectivo da Plataforma Tecnolóxica que hoxe presentou en Compsostela o Cluster do Libro Galego. Entre os proxectos nos...
Guionista da coñecida obra Por qué matei a Pierre, o francés Olivier K confírmase como o terceiro autor convidado á vindeira edición de Viñetas desde...
Ao berro de "Queremos ser funcionarios", acaba de chegar aos quioscos galegos o oitavo número da revista Retranca. O seu director, Kiko da Silva, anuncia...