Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

10 09/10
Portada arrow Canais arrow Cultura
Cultura
A traxedia chega a Tebra
Venres, 07 de Xullo do 2006

Tranvia Vigo Baiona entre o millo


Por Carlos Méixome
Na anterior Chan de Val Verde recuperabamos os nomes de cinco empregados da Compañía de Tranvías de Vigo asasinados na noite, diciamos erroneamente do 22 de setembro do 36, cando en realidade foi na seguinte. A confusión veu orixinada, ademais de pola impericia de quen isto escribe, polos numerosos crimes cometidos en datas moi próximas na bucólica e fermosa parroquia tomiñesa de Santa María de Tebra.

Naqueles días, infortunadamente, viviron xornadas de horror e traballo os veciños de Tebra, de Santa María, que, a ben seguro, atoparon axuda e consolo nalgúns veciños da homónima parroquia de San Salvador. O cemiterio foi un constante ir e vir de xentes traendo cadáveres. No rexistro civil de Tomiño están asentados o día 24 de setembro os tranviarios aos que nos referimos no artigo anterior (José Cabreira Valverde, de Nigrán; Horacio Rouco Álvarez, de Coruxo; Marcelino López Ameneiros, de Lavadores; Álvaro Soliño Araújo, de Teis e Jacobo Barreiro Pereira, de Vigo). Os cinco enterrados no cemiterio de Santa María de Tebra. Non eran os primeiros, nin serían os últimos.

 
Queremos tanto ao Libros. Tertulia literaria en Gondomar
Xoves, 06 de Xullo do 2006
Instituto de Estudos Miñoranos e a Libraría Libraida de Gondomar, dentro do seu ciclo QUEREMOS TANTO OS LIBROS organizan a presentación do libro "Discurso e tempo:na procura dun socialismo para Galicia" do que é autor o profesor e dirixente socialista Miguel Barros. 

O libro será presentado polo profesor do IES Val Miñor de Nigrán José Rey Gómez Rodríguez nun acto que terá lugar o venres 7 de xullo ás 20:30 
na Libraría Libraida (rúa Rosalía de Cartro 13, Gondomar) 

Neste acto contaremos coa presenza e intervención do autor Miguel Barros
 
Mesa redonda sobre o futuro estatuto de autonomía na Capitanía Marítima de Ba
Xoves, 15 de Xuño do 2006
Participarán portavoces dos tres grupos parlamentarios
O venres 16 de xuño, ás 20:30, na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 21) terá lugar unha mesa redonda acollida baixo a denominación de “Visións para un novo Estatuto”na que participarán portavoces dos tres grupos parlamentarios representados na cámara galega.:
  • IGNACIO LÓPEZ-CHAVEZ CASTRO, deputado do Partido Popular e membro da Comisión para a reforma do Estatuto.
  • ABEL LOSADA ÁLVAREZ, viceportavoz do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.
  • CARLOS AYMERICH CANO, portavoz do grupo parlamentario do BNG
 
Xornadas sobre o Estatuto en Baiona
Luns, 12 de Xuño do 2006
Bandeira de GaliciaO 28 de xuño de 1936 o Estatuto de Autonomía de Galicia era referendado por absoluta maioría. Os datos non deixan lugar a dúbida: 0 99,05%votou afirmativamente cunha elevada participación que superou o 74% do censo. Aquel estatuto de autonomía non puido tomar corpo xa que a sublevación fascista o impediu.

En decembro de 1980 de novo foi aprobado outro estatuto de autonomía, o actual. Naquela altura a participación popular foi moi minguada, un 71% de abstención.
 
Lois Tobío, fillo adoptivo de Gondomar, será homenaxeado en Compostela.
Luns, 12 de Xuño do 2006
O diplomático e intelectual viveirense Lois Tobío Fernández será obxecto dun acto de recoñecemento en Santiago de Compostela que terá lugar ás sete da tarde o martes 13 de xuño, data do centenario do seu nacemento, no Museo do Pobo Galego.

Lois Tobío ten unha especial vinculación con Gondomar xa que dedicou moitos anos da súa vida ao estudo da figura de don Diego Sarmiento de Acuña. Os seus traballos viron a luz nalgunhas obras fundamentais para o coñecemento da época e da personalidade do 1º Conde de Gondomar, entre as que compre salientar Gondomar y su triunfo sobre Raleigh e Gondomar y los católicos ingleses.
 
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>

Resultados 136 - 144 de 215
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa