Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 10/08
Portada arrow Canais arrow Cultura
Cultura
Colabora coa homenaxe aos asasinados na Volta dos Nove
 
o 29-09-2005

Visitas : 1349


15 de outubro de 1936. En represalia pola morte dun falanxista, sacan do cárcere de Vigo a nove prisioneiros que son executados na estrada que leva de Baiona á Guarda. Dende entón, en cada aniversario do acontecido e mesmo baixo a máis estricta vixilancia e represión, nove cruces apareceron misteriosamente debuxadas na area no exacto lugar da execución, máis coñecido como “a volta dos 9”.

Na memoria do acontecido, e na memoria de todos os mortos pola liberdade, inaugúrase o próximo día 15 de outubro un pequeno bosque-escultura do artista Fernando Casás: 45 loureiros (a árbore dos heroes) circundan no estreito espazo da “volta dos 9” unha árbore tronzada, como degolada, fundida en bronce, memoria das nove voces caladas naquela data, representación de todas as voces caladas pola represión.


Escribe o primeiro comentario
Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar. El Maquiavelo español
 
o 14-09-2005

Visitas : 607


Retrato de D. Diego Sarmiento de Acuña, Conde de GondomarO próximo venres 16 de setembro ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Gondomar terá lugar a presentación do libro Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar. El Maquiavelo español do que é autor o profesor Fernando Bartolomé Benito.

Neste acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar, participarán, ademais do autor, Carlos Méixome Quinteiro, director do IEM, e a profesora de Lingua e Literatura do IES Val Miñor de Nigrán, Nieves Ibarra.


Escribe o primeiro comentario
Premios Nano Cambeiro de Xornalismo
 
o 13-09-2005

Visitas : 434


O xornalista baionés David Reinero González recibe o Premio Nano Cambeiro de xornalismo. O premio consiste nunha escultura de Fernando Casás

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo.

Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución en agosto, mes  no que se cumpre o cuarto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.


Escribe o primeiro comentario
Conmemoración aos nove veciños do Val Miñor asasinados o 15 de outubro do 36
 
o 06-09-2005

Visitas : 403


No mes de outubro pasado o IEM presentou o proxecto de realizar unha lembranza aos nove veciños do Val Miñor asasinados o 15 de outubro de 1936 na infortunadamente coñecida dende aquela como A Volta dos Nove.

A peza de bronce de Fernando Casás vaise colocar 69 anos despois o 15 de outubro de 2005. A peza e outros preparativos do acto ten un custo de tres millóns das vellas pesetas. Pedimos a vosa colaboración tanto económica como de difusión da inicitaiva. Aquelas persoas que desexen colaborar con esta iniciativa poden facelo na conta de Caixanova de Baiona nº 2080 0528 6 6 0000005960


Escribe o primeiro comentario
Mesa redonda sobre os incendios no Val Miñor
 
o 05-09-2005

Visitas : 317



Nube de fume sobre Baiona

Ante a vaga de incendios que este verán sofremos e seguemos a sofrer

A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Val Miñor e o Instituto de Estudos Miñoranos convídante á mesa redonda que sobre os recentes incendios forestais terá lugar o próximo venres 9 de setembro de 2005, ás 20:30 h. no Auditorio â??Lois Tobíoâ?? de Gondomarâ??.


Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>

Resultados 172 - 180 de 214
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa