Este mércores 2 de abril celebrarase en Gondomar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun obradoiro de ilustración a cargo de Chus Ferrín. O acto, organizado por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar, está pensado para nenos e nenas de máis de tres anos e terá lugar ás 18 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. A asistencia será libre.
Contomar cumpriu dous anos o pasado mes de febreiro. O vindeiro luns 31 de marzo será a súa celebración. Coma sempre ás 18:00 horas, na Biblioteca Pública de Gondomar, pero esta vez contarán coa actuación especial deMigallas Teatro e o seu espectáculo Cantacontos. Espazo Lectura celebran deste xeito os dous anos do Contomar, que califican como dous intensos anos contando contos cada semana na Biblioteca Municipal de Gondomar.
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza para este xoves 27 de marzo de 2008 na LIBRARÍA LIBRAIDA de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro) “Habana, ida e volta”. Reflexións sobre a participación galega na Feira do Libro da Habana co escritor Fran Alonso o editor Xosé Manuel García Crego. Seguidamente darase conta da presentación dos libros “Fidel Castro a miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet ”(Xerais) e “Da vendima á zafra.
O Instituto de Estudos Miñoranos convida a todas e todos os interesados a asistir á entrega do V Premio Nano Cambeiro de Periodismo otorgados a Xosé Reigosa Solleiro e Anxo Reigosa Solleiro, autores da páxina web de Salvemos Monteferro. O acto terá lugar este venres 28 de marzo de 2008 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.
O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, celebrará, un ano máis, o Día Mundial do Teatro, entregando o Premio Roberto Vidal Bolaño de 2008, que este ano recaerá sobre a compañía ANCORA PRODUCCIÓNS e os seus codirectores, Anxela Abalo e Gustavo Pernas.
Os premiados porán en escea a súa última obra "Medidas Preventivas".
O sábado celébrase o Día das Letras Galegas. Unha xornada na que están programadas actividades como concertos, recitais, conferencias e manifestacións reivindicativas por toda Galicia....
O 1% do orzamento que Medio Ambiente destina a obras hidráulicas, a través do organismo Augas de Galicia, destinarase a recuperación de patrimonio dos rios....
Escoitando poesía na voz dun profesor, compañeiro seu do xurado dun certame poético para escolares, foise silenciosamente da vida o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro...
O sábado celébrase o Día das Letras Galegas. Unha xornada na que están programadas actividades como concertos, recitais, conferencias e manifestacións reivindicativas por toda Galicia....
O Centro IBBY para a diversidade cultural será “unha biblioteca física pero tamén un elemento dinamización con actividades de ámbito nacional e internacional”, aseguraba no...
Carral celebra mañá o seu I Obradoiro de Banda Deseñada. Manel Cráneo será o responsable de iniciar á novena arte, na Oficina de Información Xuvenil,...