|
Martes, 25 de Marzo do 2008 |
|
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza para este xoves 27 de marzo de 2008 na LIBRARÍA LIBRAIDA de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro) “Habana, ida e volta”. Reflexións sobre a participación galega na Feira do Libro da Habana co escritor Fran Alonso o editor Xosé Manuel García Crego. Seguidamente darase conta da presentación dos libros “Fidel Castro a miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet ”(Xerais) e “Da vendima á zafra.
|
|
|
Martes, 25 de Marzo do 2008 |
O Instituto de Estudos Miñoranos convida a todas e todos os interesados a asistir á entrega do V Premio Nano Cambeiro de Periodismo otorgados a Xosé Reigosa Solleiro e Anxo Reigosa Solleiro, autores da páxina web de Salvemos Monteferro. O acto terá lugar este venres 28 de marzo de 2008 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.
|
|
|
Martes, 18 de Marzo do 2008 |
O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, celebrará, un ano máis, o Día Mundial do Teatro, entregando o Premio Roberto Vidal Bolaño de 2008, que este ano recaerá sobre a compañía ANCORA PRODUCCIÓNS e os seus codirectores, Anxela Abalo e Gustavo Pernas. Os premiados porán en escea a súa última obra "Medidas Preventivas".
|
|
|
Mércores, 12 de Marzo do 2008 |
|
As pezas son bifaces, lascas e núcleos usados como ferramentas de traballo fai máis de 300.000 anos. Os materiais descubertos están dentro da área onde se prevé instalar o parque eólico Albariño I. Novos achados arqueolóxicos puxeron en dúbida para o colectivo SOS Groba a viabilidade do parque eólico Albariño I.
|
|
|
Venres, 07 de Marzo do 2008 |
|
O venres 7 de marzo de 2008 terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM. Nesta ocasión estará con nós FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ, licenciado en Historia da Arte, arqueólogo, ex director-conservador do Museo de San Antón da Coruña, responsable da Asociación Amigos dos Museos, creador e director do Boletín “Brigantium, director de escavacións no Castro de Elviña, museólogo, fundador e animador de diversas asociacións culturais e publicacións, membro de diversas institucións culturais e Academias, ilustrador, cartelista, ameno conferenciante e comunicador en radio e televisión entre outras moitas cousas.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 45 de 215 |