Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

17 05/08
Portada arrow Canais arrow Cultura
Cultura
Nove Dous teatro abre este sábado a mostra de teatro Roberto Vidal Bolaño en Gondomar.
 

Escrito por Redaccion, o 25-10-2007

Visitas : 339


O grupo de tratro ourensán Nove Dous Teatro será o encargado de abrir un ano máis a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar. Este sábado 27 de outubro ábrese a mostra coa comedia Fóra de Xogo de Novedous Teatro.

Ver comentarios (1)
O regreso á escola será o tema da nova sesión de CONTOMAR este luns
 

Escrito por Redaccion, o 22-10-2007

Visitas : 260


Logo do éxito do comezo da nova tempada das sesións de contacontos do programa CONTOMAR o pasado luns, que contou coa presenza de máis de 40 nenos e nenas, o próximo luns haberá unha nova sesión dedicada ao tema do regreso á escola, con contos como "O primeiro día de escola de TEO", "Iago vai á escola" ou "Mila vai á escola", historias que nos permitirán reflexionar cos nenos e nenas sobre o cambio de hábitos que supón a fin do verán e o comezo das clases. 

Escribe o primeiro comentario
Contacontos na biblioteca de Nigrán
 

Escrito por Vigometropolitano.com, o 18-10-2007

Visitas : 234


Na Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán, dentro da campaña de fomento á lectura 2007, imos levar a cabo 24 sesións de Contacontos; éstas serán o día 9 de xaneiro de 2008; cada un destes 12 mércores imos disfrutar de dúas sesións de Contacontos: a primeira sesión, adicada ós cativos e nenos ata os 12 anos, será en horario de 17 a 18 horas; e a segunda sesión, máis axeitada ós rapaces a partir de 13 anos e adultos, será dende as 19 ás 20 horas.

Escribe o primeiro comentario
Comeza unha nova edición de Contomar
 

Escrito por Redaccion, o 16-10-2007

Visitas : 307


As sesións terán lugar todos os luns ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. A Asociación de Nais e Pais "As Pontes", do CRA Antía Cal de Gondomar, retomou onte o proxecto de dinamización lectora CONTOMAR que inclúe, entre outras actividades, unha sesión semanal de contacontos para nenos e nenas de máis de tres anos na Biblioteca Muncipal.

Escribe o primeiro comentario
Os nomes do mar
 

Escrito por Redaccion, o 16-10-2007

Visitas : 289


 A sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixida por Pilar Barreiro Vilas vén de instalar no Colexio Público de Sabarís a exposición Os nomes do mar elaborada con materiais da recolleita de campo realizada por membros do IEM  e co traballo didáctico do Colexio Público de Camos merecente do Premio de Proxectos Didácticos Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego.

Escribe o primeiro comentario
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 64 - 72 de 199
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa