|
Xoves, 18 de Outubro do 2007 |
|
Na Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán, dentro da campaña de fomento á lectura 2007, imos levar a cabo 24 sesións de Contacontos; éstas serán o día 9 de xaneiro de 2008; cada un destes 12 mércores imos disfrutar de dúas sesións de Contacontos: a primeira sesión, adicada ós cativos e nenos ata os 12 anos, será en horario de 17 a 18 horas; e a segunda sesión, máis axeitada ós rapaces a partir de 13 anos e adultos, será dende as 19 ás 20 horas.
|
|
|
Martes, 16 de Outubro do 2007 |
|
As sesións terán lugar todos os luns ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. A Asociación de Nais e Pais "As Pontes", do CRA Antía Cal de Gondomar, retomou onte o proxecto de dinamización lectora CONTOMAR que inclúe, entre outras actividades, unha sesión semanal de contacontos para nenos e nenas de máis de tres anos na Biblioteca Muncipal.
|
|
|
Martes, 16 de Outubro do 2007 |
|
A sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixida por Pilar Barreiro Vilas vén de instalar no Colexio Público de Sabarís a exposición Os nomes do mar elaborada con materiais da recolleita de campo realizada por membros do IEM e co traballo didáctico do Colexio Público de Camos merecente do Premio de Proxectos Didácticos Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego.
|
|
|
Luns, 15 de Outubro do 2007 |
|
O pasado sábado 13 de outubro celebrouse unha ofrenda floral aos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite do 15 de outubro de 1936 no lugar coñecido como A VOLTA DOS NOVE. Nesta ocasión ademais dos familiares e amigos participaron os alcaldes de Nigrán, Efrén Juanes, e Gondomar, Antón Araúxo, que realizaron unha ofrenda conxunta ante o monumento realizado polo escultor Fernando Casas.
|
|
|
Mércores, 10 de Outubro do 2007 |
|
O IEM e a comisión Volta dos Nove, organizan unha ofrenda floral este fin de semán con motivo do 71 cabo deano do asasinato de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. realizaranse dúas ofrendas florais na memoria dos nove de Baredo e de todas as víctimas da sublevación militar fascista.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 82 - 90 de 215 |