Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 03/10
Portada arrow Canais arrow Cultura
Cultura
Xeira polos pazos de Nigrán
Mércores, 09 de Xullo do 2008
O IEM continúa hoxe mércores 9 de xullo, coas súas xeiras e dando comezo a un novo ciclo de saídas atendendo a arquitecturas con especial interese no Val Miñor. Este mércores os asistentes á xeira poderán facer a ruta dende o pazo de Cadaval ata Torres Méndez. A saída será ás 17,30 dende a casa do Concello de Nigrán.
 
Visita nocturna aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros
Mércores, 02 de Xullo do 2008

O IEM organiza en colaboración da Universidade de Vigo unha nova visita nocturna aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros este mércores, 2 xullo ás 22h 45’ partindo dende Santa Marta (O Burgo). A visita guiada ao conxunto de petroglifos de Outeiro dos Lameiros, postos en valor pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Cristina da Ramallosa está especiamente pensada para amosar a riqueza patrimonial deste conxunto arqueolóxico aos participantes no Curso de Galego para Estranxeiros da Universidade de Vigo procedentes de 18 nacionalidades distintas.

 
Teatro Avento actúa esta tarde no centro de Vilaza
Domingo, 29 de Xuño do 2008
O centro cultural de Vilaza acolle ás sete da tarde de hoxe domingo a actuación do grupo de teatro Avento que porá en escena a obra Monstros . A función programouse para as oito e media, pero se cambiou o horario para que os espectadores poidan gozar tamén do fútbol. A compañía fundouse en Vigo en 1985 e conseguiu máis de 30 premios en certames de toda España.
 
Xeiras do IEM 2008
Mércores, 25 de Xuño do 2008
Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por séptimo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado e conta coa colaboración de diversas institucións. O mércores 25 de xuño, primeira das xeiras do verán 2008: visita nocturna a Chandebrito
 
O historiador e Presidente do Consello da Cultura RAMÓN VILLARES clausura as Tertulias do IEM
Venres, 06 de Xuño do 2008

Hoxe venres 6 de xuño, terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h. a última das TERTULIAS DO IEM deste curso 2007/08. Para poñer o ramo aos faladoiros deste curso estará con nós o historiador e Presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares.

Ramón Villares Paz naceu en Vilalba en 1951. É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e é membro electo do Pleno do Consello da Cultura Galega desde 2003, ano no que comezou a dirixir o seu Arquivo da Emigración Galega e a Sección de Cultura Galega no Exterior e en abril de 2006 foi elixido presidente do Consello da Cultura Galega.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 18 de 215
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa