O concellal de medioambiente, Juan Hermida, asistiu estes dáis en representación do concello de Nigrán á “I asamblea de ciudades” e ó “I encuentro de gobiernos locales por la Biodiversidad” que se celebrou en Xaén o pasado 2 e 3 de xullo.
No “I encuentro de gobiernos locales por la Biodiversidad” o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Nigrán, Juan Hermida, presentou unha ponencia no apartado de actuacións locais para a creación e conservación de hábitats, dando conta do recentemente premio no primeiro concurso de proxectos para o incremento da Biodiversidade titulado “Restauración del ecosistema dunar de las playas de Panxón y Playa América, Nigrán (Pontevedra)”.
O medio ambiente coma fonte de emprego. Este é o título co que o concello de Gondomar oferta un curso de emprego e medio ambiente. O curso tocará non só a temática do emprego se non as fórmulas de rendemento sostible do patrimonio, educación e interpretación ambiental, agricultura saudable, traballo en espazos protexidos, así como os recursos informaticos na rede de redes.
Toneladas de area taparon a coñecida Poza do Arco, frecuentada no verán por centos de bañistas
Os veciños acusan a unha empresa eléctrica de provocar o desastre ao baleirar un encoro para non limpalo. A comunidade de montes de Burgueira afirma que os danos producidos no río Tamuxe son irrecuperables se o perigo continúa. Un verquido area e lodo procedente do encoro que xestiona unha minicentral eléctrica tapou literalmente unha decena de pozas naturais que se atopan na canle do río Tamuxe á altura da parroquia de Burgueira, en Oia.
Con motivo do recentemente celebrado día mundial do Medio Ambiente, a concellería de Medio Ambiente do Concello de Nigrán en colaboración co IES Val Miñor e o Centro Comercial “Siglo XXI” de A Ramallosa organiza para o próximo fin de seman unhas xornadas de sensiblización medioambiental. As xornadas incluen a proxección do documental "Tierra, la película" da BBC
O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas avalou onte a directiva comunitaria que obriga a impor sancións de cárcere aos causantes e responsables de verteduras de sustancias tóxicas ao mar similares á marea negra do Prestige. O tribunal contesta así a unha cuestión prejudicial dun xuíz británico, ante o que recorreran varias asociacións de armadores que alegaban que a aplicación da directiva contravenía dous acordos internacionais sobre dereito do mar subscritos polo Reino Unido.