O apagón "Fronte ao cambio climático: actúa xa" é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004.
SOS Courel adíantase ao próximo debate no Parlamento de Galicia sobre o “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia ” para que os ciber activistas escriban ao departamento de participación cidadá do Parlamento de Galicia e envien o manifesto en contra dalgúns dos puntos da citada lei.
O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración co Instituto Español de Oceanografía, organiza do 5 ao 10 de Novembro un taller de divulgación da actividade científica no eido mariño centrado no fitoplancto tóxico, organismos responsables das popularmente chamadas “mareas vermellas” de indubidable importancia para a sociedade galega.
Máis de 3.000 persoas manifestáronse onte en Corrubedo (Ribeira) en contra do Plan Acuícola que promueve a Consellería de Pesca, e que contempla a expropiación de 3,2 millóns de metros cadrados e a instalación de 26 novas piscifactorías.
Este domingo 4 de novembro terá lugar en Corrubedo a manifestación nacional contra o plan acuícola, un plan que pretende a construcción de numerosas piscifactorías no litoral galego, algunhas dentro de zonas de especial protección como en Corrubedo. A plataforma Salvemos Monteferro apoia e fai un chamamento á mobilización, respaldada pola Rede Litoral Vivo.