A 'Plataforma a Ría non se vende' e Salvemos Monteferro fan un chamamento a tódala cidadanía para unha concentración en solidariedade co Courel, este domingo día 23 ás 11:00 da mañá na pista de patinaxe de Samil.
O Concello de Nigrán convoca seis postos de voluntariado de patrimonio e medioambiente.
O novo goberno de Nigrán están previstas varias actuacións importantes tanto no medio ambiente como na recuperación patrimonial no concello. Unha delas xa está en marcha, como é a posta en valor do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Chandebrito.
O vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a 1ª Masa Crítica Galega en Compostela. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel! .
Cuatro continúa apostando polo xénero coach con ¡Que desperdicio!, un novo programa no que se fomentará o aforro enerxético nos fogares mediante sinxelos trucos que axuden ás familias a non malgastar e favorecer así ao medio ambiente.
Con este espazo a cadea pretende alertar sobre a cantidade de recursos que malgastamos nos nosos fogares e xerar unha maior conciencia ecolóxica. ¡Que desperdicio! é unha adaptación de Wasted, un formato neozelandés que foi unha das revelacións do pasado MIP TV.
Dendo o Concello de baiona informan que a principios do verán a praia da Ladeira no termo municipal de Baiona foi seleccionada pola Xunta que colocou 15 puntos de contedores de reciclaxe de orgánico e inorgánico con distintos paneis por todo o areal mostrando o mellor uso dos mesmos.
Onte Domingo 20 entre as 16:00 e as 20:00 horas da tarde tivo lugar unha xornada de sensibilización sobre ditos residuos na citada praia.